Besteiro sostén que “á dereita non lle gusta que haxa unha esquerda alegre, responsable e con alternativa; esa somos nós, non hai outra”

Besteiro sostén que “á dereita non lle gusta que haxa unha esquerda alegre, responsable e con alternativa; esa somos nós, non hai outra”

Besteiro sostén que “á dereita non lle gusta que haxa unha esquerda alegre, responsable e con alternativa; esa somos nós, non hai outra”

“Os socialistas estamos convencidos de que hai outra forma de facer política, coa prioridade da clase traballadora”, asegura o secretario xeral do PSdeG nun mitin en Rianxo

O secretario xeral do Partido Socialista de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou hoxe en Rianxo que “á dereita non lle gusta que haxa unha esquerda alegre, responsable e con alternativa; esa esquerda somos nós, os socialistas, non hai outra”.

O líder dos socialistas galegas participou esta tarde nun mitin en Rianxo, no que defendeu “unha forma de facer política pensando na clase traballadora” para rematar coa actual situación de desemprego, desigualdade e crise económica.

“Agora están os que teñen traballo e os que desgraciadamente non o teñen, os mozos e mozas que queren ter futuro e non poden ou os pensionistas que contribúen cos seus fillos e netos”, manifestou Besteiro, que confía nun cambio en Europa desde o 25 de maio para acadar unha “recuperación con igualdade de oportunidades para todos”.

“É evidente que a maioría conservadora que goberna en Europa ofrece máis recortes e máis sufrimento; por iso pensamos que chegou o momento do cambio, Europa necesita un Goberno socialista para iniciar a recuperación real, a recuperación dos cidadáns”, afirmou o secretario xeral do PSdeG.

Industria e pymes
Antes do mitin en Rianxo, Besteiro participou nunha comida con militantes en Fene, onde aproveitou para garantir que os socialistas apostan pola industria da comarca, e máis en concreto polo naval. “O PP sabe que nós tiñamos xa aprobada a construción do dique flotante para os asteleiros, pero agora minte e di que é necesaria a autorización da Unión Europea”, afirmou.

“Temos que recuperar o peso industrial de Galicia, un Goberno social demócrata en Bruxelas é fundamental para que o crédito volva ás familias e ás empresas, deixando atrás as políticas que só teñen como obxectivo defender os intereses da banca”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar