Besteiro, sobre a Lei de Reforma Local: “Espero que o presidente da Xunta faga algo distinto ao que nos ten acostumados, que defende unha cousa en Galicia e ao chegar a Madrid ponse de perfil”

Besteiro, sobre a Lei de Reforma Local: “Espero que o presidente da Xunta faga algo distinto ao que nos ten acostumados, que defende unha cousa en Galicia e ao chegar a Madrid ponse de perfil”

Besteiro, sobre a Lei de Reforma Local: “Espero que o presidente da Xunta faga algo distinto ao que nos ten acostumados, que defende unha cousa en Galicia e ao chegar a Madrid ponse de perfil”

O secretario xeral do PSdeG esíxelle a Feijóo que defenda Galicia “dun ataque sen precedentes á autonomía local”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, compareceu xunto cos alcaldes socialistas de toda Galicia para defender “a unidade” en contra da Lei de Reforma Local, e esixiulle ao presidente da Xunta que defenda Galicia “dun ataque sen precedentes á autonomía local” dos concellos. “Esperemos que o presidente da Xunta faga unha cousa distinta ao que nos ten acostumados, que defende unha cousa en Galicia e ao chegar a Madrid, cando toca defendelo, ponse de perfil”, afirmou.

“O que non vai servir é que o PP diga unha cousa en Galicia e apoie ou faga unha cousa distinta en Madrid”, insistiu, xa que “todo o mundo interioriza que a lei que vai en contra dos concellos non vai ser unha boa lei”, senón que supón unha “recentralización” que “a maioría social deste país non entende como positiva”. O socialista destacou que “a crecente oposición á pretensión que ten o Goberno do PP de Rajoy de confrontación co mundo municipal vai in crescendo”.

Gómez Besteiro asegurou que na reunión da Fegamp desta tarde materialízase “esa oposición a unha lei absolutamente absurda que fai responsables aos concellos do que precisamente non son, e que consegue concitar todo tipo de reaccións en contra da proposta do Goberno”. O secretario xeral do PSdeG lembra que o propio Consello de Estado di que “na pretensión do Goberno de eliminar competencias a concellos de menos de 20.000 habitantes non está garantida unha mellor eficiencia económica”.

“Son os que mellor están respondendo ás necesidades dos veciños”
O socialista apuntou que “o mundo municipal é o que mellor está dando e prestando servizos aos cidadáns, e os que mellor están respondendo ás necesidades dos veciños”. Ademais, dixo, son a administración que mellor se comportou en relación co mantemento e o control do déficit público e “non son os responsables da débeda pública de España, onde ocupan algo máis dun escaso 4%, e o 40% dese 4% o ocupan dez grandes cidades de España, e non precisamente as gobernadas polos socialistas”. Polo tanto, insistiu, “non son responsables da mala xestión que se está a producir, senón que son os que mellor se adaptan a unha situación económica difícil e reclaman que no tocante ás competencias haxa unha financiación adecuada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar