Besteiro: "Seremos moi críticos coa falta de competitividade e a baixada de investimento que Galicia está a sufrir co PP"

Besteiro: "Seremos moi críticos coa falta de competitividade e a baixada de investimento que Galicia está a sufrir co PP"

Besteiro: "Seremos moi críticos coa falta de competitividade e a baixada de investimento que Galicia está a sufrir co PP"

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou esta mañá na reunión da Executiva Federal do PSOE en Madrid, na mesma semana na que os socialistas galegos rexistrarán as súas emendas aos Orzamentos do Estado. Besteiro adiantou que serán “moi críticos” coa “perda de competitividade e a baixada de investimento” que Galicia está a sufrir cos gobernos do PP en Galicia e en España.

“Os Orzamentos reflicten unha falta absoluta de compromiso de Rajoy coa súa terra, e unha falta de respaldo político evidente a Feijóo”, do que dixo “aínda non sabemos se no 2016 volverá outra vez a defender a candidatura do PP”. Fronte a isto, o líder dos socialistas galegos arrinca o curso político “cun optimismo claro” e “coa vontade dese cambio que une, que é o cambio que representa Pedro Sánchez, e vaino entender así toda a sociedade española e galega nas vindeiras eleccións xerais”.

Besteiro afirma que os populares comezan o curso “cuns malos orzamentos, pouca defensa de Galicia e un agasallo envelenado” porque “ao PP non lle preocupa Galicia”. O socialista adiantou que nas emendas que presentarán esta semana, seguirán “insistindo nunha cuestión prioritaria, a loita contra o desemprego”, polo que pedirán un plan de emprego axeitado para Galicia, ao que este ano se lle sumará un plan de reindustrialización. “Reivindicamos que o Estado debe ter o compromiso de afondar na reindustrialización de Galicia”, explica Gómez Besteiro, que afirmou que otras peticións estarán relacionadas cos “problemas serios do naval e do lácteo”, coincidindo precisamente coa redución de Orzamentos para Galicia en Agricultura en 20 millóns de euros.

“Seguiremos insistindo tamén como un debate absolutamente vital para Galicia na loita contra o problema demográfico, e en que a mellora da competitividade de Galicia baséase fundamentalmente nun maior aporte á hora de investir no noso país”, asegura Besteiro. “Para ser máis competitivos hai que continuar na senda que abandonou o PP no Goberno e que si tiña claro o PSOE”, dixo, xa que mentres nos catro últimos anos do PSOE se investía en Galicia unha media de 2.000 millóns de euros, nos últimos catro anos, cinco se contamos os actuais orzamentos de 2016, o PP reduce de media 600 millóns de euros anuais de investimentos para Galicia, explicou.

Fondo de reserva das pensións
Por outra banda, Besteiro destacou a “ameaza sobre a solvencia e sostibilidade da Seguridade Social que pesa sobre todos os españois, e en especial os galegos” nos últimos meses. “E vemos con absoluta incredulidade como o Goberno de Rajoy se salta os pactos de Toledo e pon en grave risco ese fondo de reserva que no último mandato os socialistas deixaran ben cuberto. O PP leva consumido xa máis da metade dese fondo de reserva, e hai unha ameaza seria ás pensións, un tema absolutamente delicado e grave sobre todo no que se refire a Galicia”, apuntou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar