Besteiro: “Se eu fora o presidente do PP de Galicia, sería o primeiro interesado en aclarar se hai carretaxe de votos no meu partido”

BesteiroO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe que se fora “o presidente do Partido Popular de Galicia, sería o primeiro interesado en aclarar se hai carretaxe de votos no meu partido polo ben da democracia”.

O líder dos socialistas galegos refiriuse, a preguntas dos medios de comunicación, ao feito de que dirixentes do Partido Popular en Lugo terán que declarar ante un xuíz imputados por un presunto delito electoral de carretaxe de votos. “Son prácticas que todos rexeitamos, as imaxes que vimos son lamentables”, afirmou

“Sexa ou non un delicto electoral, que iso terá que dicilo a xustiza, este tipo de prácticas hai que desterralas, non podemos permitir o carretaxe en cadeira de rodas de persoas maiores ou con problemas de saúde”, manifestou o secretario xeral do PSdeG.

“Non é posible o compadreo ou a palmadiña nas costas con ese tipo de actitudes, temos que entender a democracia e os dereitos humanos dunha maneira limpa e transparente, non son comportamentos propios do século XXI”, apuntou Besteiro.

Polo tanto, o máximo representante dos socialistas galegos espera que o Partido Popular aclare o acontecido e agarda que este tipo de prácticas non se repitan en próximas eleccións.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar