Besteiro respalda a iniciativa parlamentaria de XSG para reclamar a incorporación efectiva da mocidade ó mercado laboral

Besteiro respalda a iniciativa parlamentaria de XSG para reclamar a incorporación efectiva da mocidade ó mercado laboral

Besteiro respalda a iniciativa parlamentaria de XSG para reclamar a incorporación efectiva da mocidade ó mercado laboral

O Secretario Xeral do PSdeG comprometeu o seu apoio á Proposición non de Lei que este colectivo, xunto co Grupo Parlamentario, presentará a vindeira semana na Cámara galega no primeiro encontro organizado en Lugo por este colectivo logo de que Gómez Besteiro acadase o liderado do Partido

O socialista trasladou ós 20 representantes de Xuventudes a necesidade de recuperar “hoxe máis ca nunca á mocidade na política, pois a dereita quere que permaneza invisible para que non asuma proxectos sociais e politicos propios”

Ademais da falta de emprego, que provocou que uns 2.000 mozos ao mes xa marcharan do país para buscar futuro fóra de España, a Educación e a Sanidade foron os outros asuntos que centraron o encontro dos socialistas

O Secretario Xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este sábado no encontro organizado pola Comisión Executiva Nacional Galega de Xuventudes Socialistas en Lugo, e que tivo por obxectivo achegar posturas sobre os problemas ós que os mozos e mozas de Galicia teñen que enfrontarse debido ás políticas impulsadas polos gobernos do Partido Popular. Neste senso, a xuntanza tamén serviu para intensificar as liñas de colaboración que na actualidade o PSOE xa vén desenvolvendo conxuntamente con este colectivo.

Gómez Besteiro respaldou decididamente a Proposición non de Lei que este colectivo, xunto co grupo parlamentario socialista, ten previsto presentar a vindeira semana no Parlamento galego para reclamar a incorporación efectiva da mocidade ó mercado laboral, pois a falta de emprego provocou que uns 2.000 mozos xa marcharan do país para buscar futuro fóra de España. Deste xeito, o Secretario Xeral destacou a importancia de reter o talento e frear a migración da xuventude altamente cualificada fóra do noso país, un drama que agrava a fonda crise demográfica galega. O lider dos socialistas lembrou que, segundo datos da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento e o informe PISA, “podemos chegar a investir ata 150.000 euros nunha persoa dende que entra nun colexio público ata que remata a carreira e o doutorado. Despois deste esforzo persoal colectivo, a solución non pode ser ter que marchar de Galicia por necesidade”.

“Dende o PSdeG defendemos que os gobernos teñen que asumir como un reto político a incorporación efectiva e temperá dos mozos á sociedade e ó mercado laboral. A mocidade é o activo de futuro para a renovación económica, social e cultural das estruturas produtivas do país”, recalcou o líder dos socialistas.

A este respecto, os integrantes de Xuventudes criticaron a ausencia total e absoluta de apoio da Xunta de Galicia, tal e como quedou manifestado no Debate do Estado de Autonomía. Neste senso, lamentan que “Feijóo tan só concedese quince segundos das tres horas que durou a comparecencia ás necesidades que temos os mozos e ó grave problema de paro xuvenil que hai en Galicia”.

Trátase da primeira toma de contacto desta Agrupación co novo dirixente do PSOE galego, logo de que se proclamase Secretario Xeral nas eleccións primarias que o Partido celebrou o pasado 7 de setembro. O líder dos socialistas trasladou así ós integrantes de Xuventudes, que tamén estiveron acompañados polo Secretario Xeral -Nino Torre-, a necesidade de recuperar “hoxe máis ca nunca a xuventude na política, pois a dereita quere que a mocidade permaneza invisible e que sexa cada vez máis dependente para que non asuma proxectos sociais e políticos propios”

“O PP converte o ensino nun privilexio”
Os recortes aplicados polo Partido Popular á calidade educativa que converten “o ensino nun privilexio, só ó alcance de quen o poida pagar”, tamén centraron boa parte do debate. O Secretario Xeral subliñou así que os gobernos do PP son os únicos responsables de que en España haxa 23.000 profesores menos dende que goberna Rajoy, mentres que o número de alumnos aumentou en máis de 190.000; de que en Galicia existan 4.000 docentes menos dende que Feijóo é Presidente da Xunta; de que 7.000 familias de Lugo, un 31% máis que en cursos anteriores, se ven obrigadas a pagar este ano polo comedor escolar; de que a provincia conte con 49 aulas e 67 mestres menos que hai dous anos; de que haxa 546 docentes universitarios menos; de que se eliminasen 5 centros e 72 unidades de ensino dende 2010; de que se suprimise, por vontade propia, o pioneiro modelo de Prescolar na Casa; e de que o mantemento do IES As Mercedes siga no aire, a pesares de ser o centro de referencia para o sur da provincia.

“O PP sacrifica a Sanidade”
O deterioro da Sanidade pública foi outro dos asuntos que os integrantes de Xuventudes quixeron abordar co Secretario Xeral do PSdeG de Galicia. A este respecto, denunciaron que os gobernos do PP “sacrificaron este piar do Estado de Benestar” con medidas tan drásticas como o copago farmacéutico, e que provoca que cada semana os galegos teñen que facer unha aportación de entre 1,5 e 2 millóns de euros pola adquisicións dos seus medicamentos. Consideran que se trata dunha medida irracional e discriminatoria, que só serve para agravar as enfermidades e para causar problemas que poden ser irreversibles.

Neste senso, os socialistas criticaron as palabras do Presidente da Xunta, quen esta mesma semana recoñecía que “as persoas maiores de 26 anos que non cotizasen á Seguridade Social non terán cobertura sanitaria. Por tanto, iso de que a Sanidade pública é para todos é unha auténtica falacia de Feijóo”.

Así mesmo, denunciaron a discriminación total e absoluta que o Goberno de Feijóo ten coa provincia de Lugo en materia sanitaria. Lembraron que os lucenses non só levan agardando catro anos a que a Xunta implante no HULA os servizos de Radioterapia,

Hemodinámica e Medicina Nuclear, provocando que esta provincia sexa a única de Galicia sen estas prestacións, senón que están a “padecer os efectos da deslealdade do Partido Popular”. Pódese comprobar no apoio manifestado á Iniciativa Lexislativa Popular, avalada por máis de 25.000 persoas. A ILP só obtivo o respaldo do voceiro municipal no Concello de Lugo e do Alcalde de Baralla. Mentres, outros representantes do do PP non só non o fixeron, senón que non aclaran se teñen vontade de secundala. É o caso, por exemplo, do senador José Manuel Barreiro.

Así mesmo, Xuventudes Socialistas tamén lle trasladaron ó Secretario Xeral a súa preocupación polas políticas que están a levar a cabo os gobernos do Partido Popular e que “botan por terra” todos os dereitos adquiridos en materia de igualdade, como é a lei de aborto.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar