Besteiro reprocha a Feijóo que Europa teña que vir ao rescate dos gobernos do PP por non controlar o paro xuvenil

Besteiro reprocha a Feijóo que Europa teña que vir ao rescate dos gobernos do PP por non controlar o paro xuvenil

Besteiro reprocha a Feijóo que Europa teña que vir ao rescate dos gobernos do PP por non controlar o paro xuvenil

Demóstrase a vixencia da necesidade do Pacto polo Emprego que lle ofrecera ao presidente da Xunta hai catro meses.

O secretario xeral do PSdeG hoxe en A Fonsagrada cualificou de moi grave que, desde que goberna Feijóo, 70.000 mozos e mozas abandonaran o mercado de traballo e fuxiran de Galicia para atopar emprego

A confirmación de que non había nada feito respecto da Intermodal de Lugo demostra, segundo o dirixente socialista, o verdadeiro peso de Feijóo en Madrid

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou que Feijóo tense convertido no “campión do paro xuvenil” e, como consecuencia, “temos que recorrer a Europa e tamén aos cartos das nosas empresas para poñer fin a esta situación, que é moi complicada”.

Para o dirixente socialista, “quen se comprometeu fai cinco anos a solucionar o paro, parece que fracasou”. Confírmase, segundo Besteiro, “a vixencia da necesidade dun Pacto polo Emprego, tal e como xa lle ofertara ao titular do Executivo hai catro meses”.

Besteiro salientou o dato de que, desde que Goberna Feijóo “en Galicia máis de 70.000 mozos e mozas marcharon do noso país”. A perda de poboación activa entre 2009 e 2013 en mozos e mozas de 16 a 29 anos foi de 70.700 persoas. Iso significa que case 71.000 mozos e mozas abandonaron o mercado de traballo en Galicia para marcharse a outro lugar.

O líder socialista apuntou que en Galicia hai 74.100 mozos e mozas sen emprego, un 16,3% máis que a finais de 2009. A taxa de ocupación da xente moza caeu 12,4 puntos e chega na actualidade ao 34,4%, un indicador que, desde 2012, vese superado pola taxa de paro cada trimestre, pechando 2013 no 38,1%, un 60% máis de paro da mocidade que o que tiñamos en 2009. Manifestou a súa preocupación por unha situación que cualificou de “moi grave”.

O que vendeu Feijóo tras o Consello da Xunta como un esforzo inversor do seu Goberno, en realidade trátase máis ben dun rescate europeo á administración española por ser incapaz de controlar o paro da mocidade. Feijóo omitiu deliberadamente no anuncio do Plan de Emprego Xuvenil que é diñeiro que provén da Unión Europea precisamente porque os Gobernos do PP en Galicia en Madrid non son quen de controlar a elevadísima taxa de paro xuvenil que soportamos.

O CASO DA INTERMODAL DEMOSTRA O ESCASO PESO DE FEIJÓO EN MADRID

Gómez Besteiro recriminou a Feijóo a súa preocupación por “estar en tertulias e reunións cando sae fóra de Galicia en lugar de defender as nosas infraestruturas e os intereses do país, que é o que necesitamos dun presidente”. O secretario xeral do PSdeG-PSOE considerou ao titular do Goberno galego “cómplice de Fomento, que ven de confirmar que non había nada feito en relación á Intermodal” de Lugo.

Confirmou que haberá un fronte amplo “porque non chegamos ata aquí loitando pola transformación de Lugo e da provincia para que aqueles que din gobernar mintan e oculten a información aos cidadáns”. Algo que os socialistas non van permitir e xa anunciou o seu máximo responsable que non renunciarán a “un AVE de primeira”.

Para Besteiro esta circunstancia demostra o peso político de Feijóo en Madrid, e advirte que o PP “vai pasar á historia por unha frase: farase cando se poida”. “Estamos ante unha situación de parálise e de falta de proxecto de futuro que asusta”, afirmou.

PRIMARIAS

Preguntado polas Primarias, Gómez Besteiro lembrou que o Partido Socialista é o único que ten instaurado o sistema de primarias. “Durante o 2014 imos ser o único partido que vai escoller ao seu candidato a través da opinión, non só dos militantes, senón daquelas persoas que queiran participar nese marabilloso proceso”, dixo. Nos outros partidos “nin se sabe que vaian introducir máis democracia, seguirán coa liña dixital”, diferenciou o secretario xeral do PSdeG.

Gómez Besteiro fixo estas afirmacións durante a súa visita, hoxe, á Feira do Butelo, no concello lugués de A Fonsagrada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar