Besteiro reivindica “unha mellora nas infraestruturas ferroviarias de Lugo e do conxunto de Galicia”, fronte a un PP “ausente unha vez máis”

Besteiro reivindica “unha mellora nas infraestruturas ferroviarias de Lugo e do conxunto de Galicia”, fronte a un PP “ausente unha vez máis”

Besteiro reivindica “unha mellora nas infraestruturas ferroviarias de Lugo e do conxunto de Galicia”, fronte a un PP “ausente unha vez máis”

Foto 2O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “unha mellora nas infraestruturas ferroviarias nesta provincia e no conxunto de Galicia”, fronte a un Partido Popular “ausente unha vez máis ante os problemas da cidadanía”.

O líder do PSdeG participou, xunto ao presidente da Deputación, Darío Campos, e a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, nunha viaxe en tren reivindicativa desde Lugo ata Monforte, con cargos e representantes do partido na provincia e varios colectivos que representan a máis de 50.000 veciños e veciñas.

“Feijóo garantiu no ano 2009 que se o Ministerio de Fomento non remataba o AVE, o faría a Xunta, pero debía ser unha promesa electoral máis”, asegurou Besteiro, que indicou que “falar de unidade e de igualdade é falar de que os de Lugo tamén queren os mesmos servizos, non queren perder o tren”.

“Non sabemos nada da estación intermodal e a prestación de servizos de ferrocarril vai a menos e son máis caros, hoxe estamos aquí para facer unha reivindicación de país, basta xa de tanta discriminación”, manifestou aos medios de comunicación.

En opinión de Besteiro, “os do PP tiñan que estar aquí, reivindicamos unha mellora nas infraestruturas ferroviarias no conxunto de Galicia, non só en Lugo senón tamén noutras cidades como Vigo, temos un goberno ausente que só fai promesas que non cumpre”.

“Os socialistas galegos levamos este tema ao Congreso dos Deputados e loitaremos en Madrid por unha mellora nos servizos en toda Galicia, as demandas da plataforma veciñal para Lugo son xustas, como pasou coa sanidade”, engadiu o secretario xeral do PSdeG.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar