Besteiro reivindica “un pacto de país contra os lumes para protexer e impulsar o sector forestal, un dos máis grandes recursos económicos de Galicia”

Besteiro reivindica “un pacto de país contra os lumes para protexer e impulsar o sector forestal, un dos máis grandes recursos económicos de Galicia”

Besteiro reivindica “un pacto de país contra os lumes para protexer e impulsar o sector forestal, un dos máis grandes recursos económicos de Galicia”

O secretario xeral, que se reuniu hoxe con comuneiros da Pobra do Brollón, instou á Xunta a deixar de “actuar con improvisación, sen contar con ninguén, deixando a Galicia sempre en mans dos traballadores e da fortaleza de voluntarios e veciños”

“As graves consecuencias da decisión do Goberno do PP de rebaixar a distancia entre as plantacións e as casas xa se están notando”. No 2013 houbo máis incendios de Nivel 1 -cando perigan vivendas ou instalacións agrícolas- que en todo o período 2008-2012, subliñou

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este mércores “un pacto de país contra os incendios, un proxecto serio, rigoroso e a longo prazo que implique a todos os axentes socioeconómicos afectados: administracións, propietarios, grandeiros e agricultores, empresas, profesionais contra incendios, cazadores, organizacións agrarias, comunidades de montes e ecoloxistas, entre outros”.

Gómez Besteiro fixo este chamamento ó consenso “nun tema de país” durante o encontro que mantivo esta tarde cos comuneiros de Salcedo-Beirán, no concello lucense da Pobra do Brollón, ao que tamén asistiu o secretario provincial dos socialistas, Juan Carlos González Santín. “Levamos 30 anos botándonos as culpas uns ós outros e non conseguimos nada. Só na última década perdemos o 16% da nosa superficie forestal”, advertiu Besteiro.

O líder dos socialistas galegos instou á Xunta a deixar de “actuar con improvisación, sen contar con ninguén, a golpe de desastre ecolóxico; deixando a Galicia sempre en mans dos traballadores e da fortaleza de voluntarios e veciños ante as catástrofes”. Referiuse neste senso á Lei de Montes que aprobou o Goberno galego do PP no 2012, que rebaixa a distancia entre as plantacións e as vivendas de 50 a 30 metros, unha decisión con “graves consecuencias que xa se están a notar”. “Só no 2013 decretáronse máis incendios de Nivel 1 –cando perigan vivendas ou instalacións agrícolas- que en todo o período de 2008 a 2012”, sinalou.

Besteiro asegurou que, cunha “política de consenso que poña freo ós lumes, estaremos protexendo e impulsando un dos máis grandes recursos económicos do noso país, que revitalizará ó noso rural. O 12% da poboación activa galega traballa hoxe no sector da madeira, a actividade industrial que máis emprego crea na comunidade, achegando o 3,5% do PIB”.

“Cando falamos de política de montes e prevención de incendios, estamos falando de riqueza natural e económica, pero sobre todo estamos falando de persoas, da súas vidas”, engadiu o socialista, “falamos de como un territorio forestal tan produtivo como o noso, o máis produtivo de toda a Unión Europea, pode mellorar a calidade de vida das persoas e fixar poboación, ou, pola contra, como pode complicar á xente do rural e acelerar o abandono do territorio”.

Un exemplo en prevención
Gómez Besteiro destacou o labor da comunidade de montes de Salcedo-Beirán en prevención, “algo fundamental”, ó crear un cortalumes biolóxico coa plantación de 4 hectáreas de castiñeiros, unha superficie equivalente a 4 campos de fútbol-. Trátase dunha iniciativa novidosa capaz de frear e incluso de apagar lumes, xa que a temperatura da masa creada polos castiñeiros é bastante máis baixa que a dos piñeiros. Polo tanto, cando o lume chega ós castiñeiros baixa considerablemente a súa virulencia e incluso pode chegar a apagarse.

Ademais de facilitar a extinción, medidas coma a desta comunidade de montes, explicou o líder dos PSdeG, aforran moitos custes: “Se unha hora de traballo dun helicóptero contra incendios custa uns 6.000 euros, a plantación dunha hectárea de castiñeiros ten un prezo de 2.000; é dicir, este proxecto potencia as especies autóctonas, aforra custes e prevén incendios”.

A UE, crucial para o sector
Pola súa parte, o secretario provincial, dado que se trata dun sector estratéxico para o PIB lucense e galego, e para o futuro deste país, defendeu a importancia das políticas europeas para que a produción forestal da provincia sexa rendible economicamente, “pois non podemos esquecer que Lugo conta coa maior superficie forestal de Galicia”; en total, preto de 657.000 hectáreas.

“Os novos fondos de innovación da estratexia RIS3, financiados na súa maioría por Bruxelas, constitúen unha gran oportunidade para impulsar o sector. Debemos ter en conta que, no sexenio 2014-2020, pasarán de ser obxectivo 1 a ser rexión de transición. É dicir, se non facemos unha xestión eficaz, poderiamos estar falando dunha perda das axudas que recibimos da UE do 17%”, advertiu González Santín.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar