Besteiro reitera o compromiso de consenso do PSdeG para buscar solucións ao desemprego e o declive demográfico en Galicia

Besteiro reitera o compromiso de consenso do PSdeG para buscar solucións ao desemprego e o declive demográfico en Galicia

Besteiro reitera o compromiso de consenso do PSdeG para buscar solucións ao desemprego e o declive demográfico en Galicia

O secretario xeral dos socialistas eloxia a capacidade da cidade de Vigo como motor económico da comunidade autónoma

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reiterou hoxe en Vigo o compromiso socialista de consenso co resto das forzas políticas para buscar solucións aos principais problemas de Galicia, entre eles o desemprego e o declive demográfico.

O líder dos socialistas galegos e presidente da Deputación de Lugo mantivo hoxe un encontro en Vigo cos membros do Círculo de Empresarios de Galicia. Besteiro eloxiou a capacidade da cidade olívica como motor económico de Galicia, gracias a sectores como o automobilístico, o naval e o turístico.

En resposta aos medios de comunicación, Besteiro manifestou a necesidade de “recuperar o futuro e a esperanza dos cidadáns, hai máis de 280.000 galegos que queren traballar e non poden, ao que hai que unir o declive demográfico da autonomía”. “Nós ofrecemos consenso, porque canto mellor lle vaia a Galicia, mellor lle irá tamén aos socialistas”, dixo.

“Hai problemas que non se están afrontando ben por parte da Xunta e en temas relativos á Política Agraria Común (PAC) e á pesca, sería importante un fronte común en Galicia, pero semella que o PPdeG, que conta co 24,5% do apoio do electorado, non pensa igual”, indicou Besteiro.

O secretario xeral dos socialistas reiterou o compromiso do PSdeG con Europa, “como demostra o feito de que a número dous do partido será a cabeza de lista nas eleccións de maio, Galicia xógase moito neste proceso e veremos cal é a candidatura do Partido Popular, xa que polo momento dubidamos do seu interese nos comicios”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar