Besteiro reclámalle a Feijóo “un plan plurianual concreto para a recuperación dos recursos da ensinanza pública e dos dereitos do profesorado”

Besteiro reclámalle a Feijóo “un plan plurianual concreto para a recuperación dos recursos da ensinanza pública e dos dereitos do profesorado”

Besteiro reclámalle a Feijóo “un plan plurianual concreto para a recuperación dos recursos da ensinanza pública e dos dereitos do profesorado”

AmesO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “un plan plurianual concreto para a recuperación dos recursos da ensinanza pública e dos dereitos do profesorado”.

Con motivo do inicio do curso académico, Besteiro visitou hoxe o IES de Milladoiro, onde mantivo unha reunión coa asociación de pais e nais xunto co secretario de Educación do PSdeG, Vicente Docasar, e o voceiro socialista en Ames, José Miñones. “Os socialistas sempre deixamos patente o noso forte compromiso coa ensinanza pública”, afirmou o líder dos socialista galegos.

“Se presumen de recuperación e son certas as raíces vigorosas das que falan, o que ten que facer Feijóo e poñer enriba da mesa un plan plurianual, concreto e con cifras, de recuperación das plantillas de profesorado, de reposición de equipamentos didácticos obsoletos e de mellora das instalacións educativas”, asegurou ante os medios de comunicación.

Besteiro manifestou que “hai cousas que non podemos perder de vista, hai cinco anos o gasto público en educación en Galicia era de 860 euros por habitante, mentres que en 2014 pasou a ser de 670 euros, polo que estamos a falar dunha redución 200 euros”. “Ou son torpes xestionando o público ou o obxectivo do PP é claro e pasa por deteriorar e reducir o ensino público”, sostén.

“O profesorado perdeu un 30% do seu poder adquisitivo, volvendo a niveis dos anos noventa; aos docentes arrebatáronlles dereitos acadados ao longo de moitos anos, aumentáronlles horarios e número de alumnos por aula ao tempo que reducían os salarios”, dixo o secretario xeral do PSdeG, que engadiu que “si esas raíces das que falan existen, cremos que a educación debe ser sen dúbida a raíz vigorosa sobre a que se sustente o noso país, é hora de que a xente empece a notar dalgún xeito o que tanto predican”.

Por último, Besteiro referiuse á Lomce, “unha lei partidista, feita sen consenso e ao estilo que ao PP lle gusta facer agora todas as cousas, o exemplo claro é que o decreto de implantación da Lomce foi publicado só un día antes do comezo das clases, algo inédito”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar