Besteiro reclama "unha intervención política decidida" no lácteo galego

Besteiro reclama "unha intervención política decidida" no lácteo galego

Besteiro reclama "unha intervención política decidida" no lácteo galego

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou hoxe en Santiago “unha intervención política decidida” no lácteo galego e pediulle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “que non se agoche e diga se considera o sector estratéxico ou non”.

O líder do PSdeG mostrou o seu apoio ao sector lácteo na tractorada da capital galega, xunto ao portavoz dos socialistas no Parlamento, José Luis Méndez Romeu; o portavoz de Medio Rural, Pablo García; a deputada no congreso Laura Seara, e outros cargos do partido.

“Necesitamos a unidade de todos os sectores sociais de Galicia para defender os lexítimos dereitos dos nosos gandeiros, pero non hai un liderado por parte da Xunta”, asegurou Besteiro, que considera imprescindible “garantir a recollida en todas as explotacións e uns prezos que non estean por debaixo dos custos de produción”.

“As reivindicacións da primeira cadena do eslabón alimenticio son xustas e temos que apoialas, o mundo do leite é un sector estrutural e unha parte moi importante da economía galega”, afirmou, solicitando a colaboración de todas as partes implicadas: Goberno, Xunta produtores, consumidores, industria e distribución.

“O campo é algo a preservar e as explotacións gandeiras van camiño da ruina ao cobrar por debaixo dos custos de producción, lamento a falta de liderado por parte de Feijóo, necesitamos un goberno da Xunta que defenda os intereses dos galegos en Madrid e en Europa”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar