Besteiro reclama máis axuda á reindustrialización en comunidades excedentarias en enerxía como Galicia

Besteiro reclama máis axuda á reindustrialización en comunidades excedentarias en enerxía como Galicia

Besteiro reclama máis axuda á reindustrialización en comunidades excedentarias en enerxía como Galicia

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou hoxe o cambio do mapa enerxético de España para garantir “máis axuda á reindustrialización en comunidades excedentarias na produción de enerxía como Galicia”. Así o dixo logo dun encontro co Comité de Empresa de Alcoa no que criticou a “ameaza permanente de peche” derivada dunha presión sobre as tarifas de consumo eléctrico.

“O sistema de subhastas non funciona”, dixo o líder dos socialistas galegos, para esixir a continuación “a reforma da factura enerxética e o reparto distinto dos custes enerxéticos para grandes e pequenos consumidores”. Esixiu unha facturación adaptada á realidade de Galicia como produtor de enerxía e ao sector industrial, para garantir un pulo á súa reindustrialización.

Sinalou que “somos conscientes de que o marco tarifario ten que mudar e adaptarse non ás condicións de países terceiromundistas senón a realidades da propia UE, como os casos de Francia ou Alemaña”. Engadiu que “precisamos dun goberno forte en Europa capaz de afianzar retos de consumo común da enerxía eléctrica” e impoñer a equiparación das condicións no entorno comunitario.

Explicou que “as condicións na produción, a venda e o consumo eléctrico teñen que ser idénticas, non pode haber as diferenzas que vemos hoxe” e que permita afrontar a competencia cos países desenvolvidos da propia UE, “e non con África, Asia ou América Latina”.

Esixiu que “o mercado común teña condicións comúns” en países coas mesmas necesidades, unido á transición da industria enerxética para impulsar ás renovables. Así o dixo logo dun encontro na Coruña co Comité de Empresa de Alcoa, acompañado polos candidatos socialistas ao Congreso, Ricardo García Mira, e ao Senado, Javier Losada.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar