Besteiro reclama á Xunta auditorías para coñecer se o modelo de Sogama é sostible desde os puntos de vista económico e ambiental

Besteiro reclama á Xunta auditorías para coñecer se o modelo de Sogama é sostible desde os puntos de vista económico e ambiental

Besteiro reclama á Xunta auditorías para coñecer se o modelo de Sogama é sostible desde os puntos de vista económico e ambiental

O Secretario Xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, recrimina á Xunta, o máximo accionista de SOGAMA, que traslade a falta de eficiencia na xestión directamente aos cidadáns

BesteiroO Partido Socialista quere saber cal é a situación económica de SOGAMA a través dunha auditoría pública e coñecer, a través doutro estudo, se o modelo é satisfactorio desde o punto de vista medioambiental, tal e como acordaron os dirixentes locais do partido nunha reunión. Quen ten que dar estas explicacións, a xuízo dos socialistas, é o accionista maioritario, a Xunta de Galicia.

Así o dixo o secretario xeral do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, a preguntas dos xornalistas hoxe, en Lugo. O dirixente socialista engadiu que o que “non pode ser é que esa falta de eficiencia económica se traslade directamente aos cidadáns”.

O dirixente socialista censurou o xeito de actuar do Partido Popular, de “trasladar o décifit aos cidadáns” que “pagan todo”, os libros de texto, a ausencia de becas, os repagos e pagan a suba da luz ou do teléfono. “Euro a euro a vida das familias faise insufrible”, afirmou Gómez Besteiro.

Respecto á decisión dos concellos de asumir ou non este incremento da taxa do lixo, o máximo responsable do PSdeG salientou que “a vontade política dos concellos baséase na autonomía municipal e non vai ser o Partido Socialista o que lles diga aos alcaldes e aos secretarios municipais o que terán que decidir” ao respecto.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar