Besteiro reclama “a igualdade de xénero como base na que apuntalar o progreso social” e defende “o empoderamento da muller”

Besteiro reclama “a igualdade de xénero como base na que apuntalar o progreso social” e defende “o empoderamento da muller”

Besteiro reclama “a igualdade de xénero como base na que apuntalar o progreso social” e defende “o empoderamento da muller”

16555902129_c41409e21b_zO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou hoxe en Santiago “a igualdade de xénero como base na que apuntalar o progreso social” e defendeu “o empoderamento da muller” fronte a unha dereita política “que a relega a un papel secundario”. O líder dos socialistas galegos participou no acto do Día Internacional das Mulleres organizado polo PSdeG ante a estatua de Rosalía de Castro situada na Alameda de Santiago. Participaron tamén na lectura dun manifesto (documento adxunto) a secretaria de Organización, Pilar Cancela; a secretaria de Igualdade, Eva Martínez; a deputada Carmen Acuña; o candidato á alcaldía compostelana, Francisco Reyes, e outros cargos orgánicos, militantes e simpatizantes. “O empoderamento da muller é necesario nun camiño caracterizado pola desigualdade social e laboral, o paro, a temporalidade, a desigualdade salarial, as dificultades para conciliar a súa vida familiar, persoal e laboral, os obstáculos para acceder aos postos de responsabilidade ou mesmo os problemas para participar da vida política dun xeito activo”, asegurou Besteiro. En opinión do secretario xeral do PSdeG, “de novo a dereita está a facer que un día que debería ser de celebración se teña que volver a converter nun día de reivindicación, xa que o que fixo o Partido Popular é desfacer o

camiño andado pola loita das propias mulleres tras séculos de reivindicacións”. “Vemos como a fenda salarial entre homes e mulleres medra dende que goberna a dereita, e o fai máis aquí en Galicia, onde os salarios das mulleres caeron máis fortemente que os dos homes; menos orzamento para igualdade, menos impulso ás políticas de xénero e menos capacidade de decisión para as mulleres”, afirmou na súa intervención. Besteiro lembrou que “o abandono da igualdade nos condena a todos ao fracaso como sociedade e por iso para os socialistas a igualdade entre homes e mulleres a todos os niveis debe ser o elemento central de todos os esforzos de desenvolvemento económico e social”. “Para loitar contra o risco de exclusión social no que se atopan milleiros de mulleres no noso país hai que contar cun proxecto real de Goberno e de futuro para Galicia, un proxecto que contemple este empoderamento promovido dende os poderes públicos que defendemos os socialistas; só así recuperaremos o futuro de todas as galegas que xeración tras xeración forxaron a meirande parte da prosperidade económica deste país”, rematou o líder dos socialistas galegos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar