Besteiro: "Rajoy e Feijóo renunciaron ao que debía ser o seu obxectivo neste mandato, a loita contra o paro"

Besteiro: "Rajoy e Feijóo renunciaron ao que debía ser o seu obxectivo neste mandato, a loita contra o paro"

Besteiro: "Rajoy e Feijóo renunciaron ao que debía ser o seu obxectivo neste mandato, a loita contra o paro"

O secretario xeral do PSdeG afirma que “o gran problema non son as malas cifras de setembro, senón que hai un problema estrutural” e incidiu na aposta socialista por “reindustrializar Galicia”

Besteiro valorou as medidas de rexeneración democrática presentadas polos socialistas, que implantan “unha nova forma de facer política” mentres o PP “está empeñado nas vellas formas e en seguir pegados á silla”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou esta mañá que “desgraciadamente as cifras de desemprego en España e en Galicia din que hai un paro estrutural” e lamentou que “Rajoy e Feijóo renunciaron ao seu obxectivo neste mandato”, a loita contra o paro. “O gran problema non é que as cifras de setembro sexan malas tradicionalmente, que o son, a gravidade está no problema estrutural”, dixo.

“Desgraciadamente o paro sube en setembro, e non é una noticia que satisfaga aos socialistas, todo o contrario. O socialismo traballa en clave positiva, en clave de recuperar España, e a única forma de que aos españois lle vaia mellor é que se recupere tamén económicamente”, asegurou Besteiro. O socialista lembrou que en Galicia os afiliados á Seguridade Social reducíronse no último mes “nun número importante, 5.000”, que “a poboación activa en moitas partes de Galicia contráese e hai menos xente buscando emprego”, e que vivimos una situación de “desaceleración económica e de non recuperación nin de xeración de emprego”.

O secretario xeral do PSdeG incidiu na renuncia de Rajoy e Feijóo a crear emprego e apuntou que “os Orzamentos do ano 2015 para o Estado din que nos imos mover nun entorno, segundo as previsións do Goberno, do 23% de paro”, o que considerou “simplemente inadmisible”. O principal obxectivo “do goberno de Rajoy e dos seis anos de Feijóo era precisamente ser eficaces na loita contra o paro e non o están sendo, son gobernos ineficaces”, afirmou Besteiro, que cre que “os Orzamentos e a política que fai a Xunta non contribúen a xerar máis expectativas económicas, nin a mellorar o consumo interno das familias nin sequera a apostar claramente pola reindustrialización, outra das claves polas que estamos apostando os socialistas. É necesario reindustrializar este país, é necesario reindustrializar Galicia”, insistiu.

Medidas de rexeneración democrática
Gómez Besteiro fixo esta análise tras asistir a un almorzo informativo de Pedro Sánchez en Madrid no que o secretario xeral do PSOE avanzou varias medidas de rexeneración democrática. Besteiro valorou que Sánchez “está demostrando que o que di, o cumple”, e ito é “algo moi refrescante” na política actual. “O PSOE está facendo o enorme esforzo de adaptarse aos novos tempos e a unha nova forma de facer política, ao contrario que o PP, que está empeñado en seguir coas antigas formas e en seguir pegados á silla”, afirmou.

Así, Besteiro avogou pola separación clara entre o público e o privado, que non haxa dúbida sobre que un mandatario público, no goberno ou na oposición, se dedique a cousas distintas do mandato que ten conferido, a apertura das contas públicas e privadas ou a transparencia, cuestión que “van na liña do que prometeu e do que tamén en Galicia estamos propoñendo”.

O líder dos socialistas galegos lembrou que algunhas destas cuestións xa foron avanzadas polo PSdeG. “Tomamos a iniciativa en Galicia e se algún partido falou de rexenerar a política foi o PSdeG”, dixo, con algún exemplos como “a separación dos políticos das mesas de contratación ou a aplicación das cláusulas sociais na contratación pública” coas que “o PSdeG e o PSOE van no bo camiño”, dixo.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar