Besteiro propón regular por Lei a liberdade, autonomía e absoluta dignidade dos enfermos terminais

Besteiro propón regular por Lei a liberdade, autonomía e absoluta dignidade dos enfermos terminais

Besteiro propón regular por Lei a liberdade, autonomía e absoluta dignidade dos enfermos terminais

Os socialistas galegos presentan unha proposición de Lei para garantir aos galegos e galegas “o dereito a morrer dignamente, sen provocar nin prolongar o proceso”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, presentou hoxe no Parlamento unha proposición de Lei dos socialistas galegos “de dereitos e garantías da dignidade dos enfermos terminais”. Gómez Besteiro explicou que esta norma busca regular por Lei “a liberdade, a autonomía e a absoluta dignidade dos enfermos terminais”.

Logo dunha xuntanza coa Asociación Dereito á Morte Digna, explicou que a norma proposta polos socialistas galegos e rexistrada hoxe no Parlamento de Galicia “regula os extremos que afectan aos pacientes e ao persoal” que traballa con eles para garantirlles “calidez humana” e o dereito a morrer con dignidade.

O responsable socialista realizou unha chamada de atención sobre a situación destes pacientes “nuns tempos nos que tendemos a esquecernos do grao de liberdade necesaria e o uso da autonomía persoal” nestes casos. Gómez Besteiro presentou esta proposición de Lei xunto coa portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, e a secretaria de Sanidade da Executiva do PSdeG-PSOE, Isabel Rodríguez.

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista explicou que a iniciativa socialista está dirixida a humanizar o proceso de morrer sen provocalo nin prolongalo” facendo valer o principio da ortotanasia, ou o “dereito ao falecemento no momento axeitado” sen aplicar, dixo, “prolongacións irracionais”. Acuña explicou que o dereito a decidir “debe estar presente en toda a vida das persoas”.

Sinalou que a norma ven a suplir as carencias da Lei de Garantías Sanitarias presentada pola Xunta e aprobada polo PP en solitario e que excluíu deliberadamente o dereito da persoas a morrer dignamente. Acuña explicou que a norma defende a dignidade dos enfermos terminais para garantirlles unha correcta información e uns coidados acaídos para facer fronte á súa situación.

Dereitos

O texto que foi presentado polos socialistas galegos consolida os dereitos dos enfermos terminais á información, á confidencialidade, á elección sobre a continuidade co suposto tratamento, ao rexistro da súa decisión, ao trato digno, á aplicación de coidados paliativos ou ao tratamento acaído da dor.

Ademais inclúe os dereitos e deberes de médicos e enfermeiros e compaxina a garantía do dereito das persoas á morte digna coa obxección de conciencia destes profesionais. Tamén regula as garantías de espazo e coidados que deben ofrecer os centros sanitarios aos enfermos e ás súas familias e determina o papel do Comité de Ética Asistencial como árbitro no momento en que falle o consenso entre as familias e os profesionais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar