Besteiro propón medidas de “rexeneración democrática” co consenso de todas as forzas políticas para evitar “dunha forma seria” novos casos de corrupción

Besteiro propón medidas de “rexeneración democrática” co consenso de todas as forzas políticas para evitar “dunha forma seria” novos casos de corrupción

Besteiro propón medidas de “rexeneración democrática” co consenso de todas as forzas políticas para evitar “dunha forma seria” novos casos de corrupción

O secretario xeral do PSdeG espera “as desculpas dos que tan rápido saíron a acusar á deputada socialista Beatriz Sestayo de cousas que agora demóstrase que non foron certas”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gomez Besteiro, defendeu hoxe a posta en marcha de medidas de “rexeneración democrática” co consenso de todas as forzas políticas para evitar “dunha forma seria” novos casos de corrupción política.

A preguntas dos medios de comunicación sobre as operacións Pokémon e Patos, Besteiro manifestou que “non son situacións agradables para a política galega, pero os socialistas apelamos de novo a que a Xustiza actúe dunha forma rápida”.

“Os partidos e as administracións públicas temos que dar pasos para que estas situacións non se repitan no futuro, que haxa unha rexeneración democrática, máis transparencia, e en definitiva os mesmos plantexamentos que presentamos os socialistas no Parlamento de Galicia hai dúas semanas, cando pedimos o consenso de todas as forzas políticas para loitar contra a corrupción”, afirmou.

Besteiro lembrou que o Partido Popular “acaba de votar en contra dunha unidade xudicial específica contra a corrupción en Galicia, e eu penso que sería unha boa medida, temos que acadar que os espazos democráticos estean alleos a calquera tipo de feito delitivo”. “Podemos admitir erros, pero non podemos admitir delitos”, dixo o secretario xeral do PSdeG

Beatriz Sestayo
Con respecto á decisión do TSXG de arquivar a denuncia contra a deputada socialista Beatriz Sestayo, Besteiro manifestou que “como xa dixen hai tres meses, non son bos os xuízos paralelos, a Xustiza falou e eu agora espero as desculpas dos que tan rápido saíron a acusar á unha deputada socialista de cousas que agora demóstrase que non foron certas”.

Por último, o líder dos socialistas galegos engadiu que “o partido está agora mesmo ilusionado no traballo de cara ás eleccións europeas, xa haberá tempo para falar despois das persoas que serán candidatas ás alcaldías dos concellos galegos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar