Besteiro: "Presentamos unha proposta para reformar o Estado, non para romper con el nin para permanecer inmóbiles como o PP"

Besteiro: "Presentamos unha proposta para reformar o Estado, non para romper con el nin para permanecer inmóbiles como o PP"

Besteiro: "Presentamos unha proposta para reformar o Estado, non para romper con el nin para permanecer inmóbiles como o PP"

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, participou esta mañá no Consejo Político Federal do PSOE en Madrid no que se aprobou a proposta de reforma constitucional dos socialistas. “Hoxe o compromiso do partido socialista escenifícase cunha proposta de país para os próximos anos, para reformar o Estado, non para romper con el nin tampouco para permanecer inmóbil como o está a facer o PP”, afirmou.
Besteiro apuntou que é un compromiso “polas próximas xeracións”, e “iso require reformas e compromisos non só por parte do partido socialista, senón tamén da cidadanía”, que debe decidir “que sociedade queremos” nun momento “de arrebato secesionista” no que o partido socialista se sitúa “onde sempre estivo, en España”, dixo. “Os cidadáns tamén se van ter que comprometer, van ter que decidir eles que sociedade queren parao futuro, e ese é o marabilloso reto que ofrece o partido socialista hoxe”.
O líder dos socialistas galegos expuxo que a reforma constitucional do PSOE “recolle moito máis que modelo territorial”, é unha reforma “moitísimo máis profunda e ampla, de máis calado” con importancia “no aspecto social” da norma. “Que sociedade queremos, que Seguridade Social queremos, queremos seguir apostando polo Estado de Benestar? Os socialistas, si”. Besteiro apostou por “un espazo máis aberto, de liberdades, nun mundo globalizado onde España e Galicia teñen moito que dicir nas súas relacións con Iberoamérica ou co mundo Mediterráneo”.
Así, Gómez Besteiro apuntou que a reforma “non se trata de dar satisfacción aos cataláns”, senón “de entender un modelo territorial onde cabemos todos en España, un modelo claramente federal, como en EEUU ou Alemaña, onde o Estado federal é unha realidade”. O socialista subliñou “unha cláusula moi importante” no texto “que apela á solidariedade e ao equilibrio territorial”. “Nesta España podemos seguir vivindo xuntos e con satisfacción para todos. Os mecanismos do Estado e da UE son múltiples, e esta reforma federal apela á unidade de España, pero unha España onde temos que falar”, dixo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar