Besteiro pídelle ao PP que non vete no Congreso dos deputados “a recuperación do diñeiro” aos afectados polas preferentes e as subordinadas

Besteiro pídelle ao PP que non vete no Congreso dos deputados “a recuperación do diñeiro” aos afectados polas preferentes e as subordinadas

Besteiro pídelle ao PP que non vete no Congreso dos deputados “a recuperación do diñeiro” aos afectados polas preferentes e as subordinadas

Os socialistas votarán nas Cortes a favor dunha modificación lexislativa que evite as quitas aos aforradores

O secretario xeral do PSdeG mantivo unha reunión en Santiago coas plataformas de afectados

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, garantiulle hoxe aos 35.000 afectados galegos polas preferentes e as subordinadas, pendentes de recuperar uns 500 millóns de euros, que os socialistas votarán no Congreso dos Deputados a favor dun cambio lexislativo que impida as quitas aos aforradores.

O Parlamento de Galicia aprobou onte por unanimidade unha proposición para modificar a Lei estatal de reestruturación do sistema financeiro co obxectivo de evitar as quitas. “Agora o importante é que se aprobe no Congreso do Deputados, xa que falamos da modificación dunha lexislación do Estado, e pídolle ao PP que non evite co seu voto a recuperación do diñeiro aos afectados”, manifestou Besteiro.

O líder dos socialistas mantivo hoxe unha reunión en Santiago con representantes das Plataformas de Afectados polas Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas. “Son vítimas dunha estafa organizada e desde o pasado verán, coa inxusta decisión da Xunta de pechar a vía da arbitraxe, a única posibilidade que teñen é acudir á vía xudicial, o que supón un gasto elevado en taxas xudiciais, avogados e procuradores”, afirmou.

Con respecto ao cambio de donos en Novagalicia Banco (NGB), Besteiro considera que “o presidente da Xunta ten que escoller entre responder ante os afectados ou asumir que foi copartícipe dunha venda que deixa o sistema financeiro galego como un mero produto a disposición dos mercados; Feijóo non pode permitir, como sucedeu coas autopestradas, que a gran caixa galega se teña privatizado sen esixencias, en detrimento dos intereses dos pequenos aforradores”.

“Por outra parte, os novos propietarios de NGB comprometéronse a resolver o tema en 90 días, pero acaban de anunciar que o adían ata maio cando menos, posto que neste momento aínda é o FROB o propietario; en calquera caso nunca explican cal é a solución que van a dar, co cal só queda, insisto, a vía xudicial neste intre para solventar o tema”, dixo Besteiro.

Ao marxe de resolver en prazo a situación dos afectados polas preferentes e subordinadas, o secretario xeral do PSdeG sostén que a nova dirección da entidade “ten que poñer en práctica uns mínimos de actuación ante a sociedade galega, nos que ademais de retomar a obra social, facilite o acceso ao crédito a familias e empresas”.

“Unha esixencia que é aínda máis pertinente se temos en conta que en Galicia nos últimos catro anos endureceuse o acceso ó crédito en maior medida que no resto de España; os datos de Banco de España reflicten que o crédito a fogares e empresas se reduciu unha media dun -8% ao ano, mentres que en España a caída media foi dun 5,18%”, engadiu Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar