Besteiro pídelle a Feijóo que vaia a Ferrol "a concretar a carga de traballo que terá Navantia" e explicar onde están os 3.000 empregos que garantizou no ano 2012

“Un contrato para os asteleiros de Ferrol sempre é unha boa noticia, pero estamos nun momento preelectoral e a xente ten dúbidas”, asegura o líder dos socialistas galegos

O secretario xeral do Partido Socialista de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, pediulle hoxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “que vaia a Ferrol e explique cando se vai iniciar a nova contratación para Navantia”.
A preguntas dos medios de comunicación tras o encontro desta mañá entre o presidente da SEPI, Ramón Aguirre, e Núñez Feijóo, o líder dos socialistas galegos dixo que “coñecemos o anuncio e se chega un novo contrato para os asteleiros de Ferrol sempre é unha boa noticia, pero estamos nun momento preelectoral e a xente ten dúbidas”.
“Como presidente de todos os galegos, o que lle pido é que vaia a Ferrol e explique cando se vai iniciar esa contratación, cantos traballadores estarán ocupados, cal será inversión e onde están os 3.000 empregos e varios floteles que garantizou no ano 2012”, afirmou Besteiro.
“Tamén estaría ben que Feijóo falara claro e dixera dunha vez si aposta polo dique flotante en Ferrol, pero polo momento só temos anuncios para Navantia e o de hoxe din que o confirmarán despois do verán, xa preto das eleccións municipais”, rematou o secretario xeral do PSdeG.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar