Besteiro pídelle a Feijóo que "se quere falar dunha política de concertación sanitaria cos socialistas, empece por eliminar o repago e garantir a súa universalidade"

Besteiro pídelle a Feijóo que "se quere falar dunha política de concertación sanitaria cos socialistas, empece por eliminar o repago e garantir a súa universalidade"

Besteiro pídelle a Feijóo que "se quere falar dunha política de concertación sanitaria cos socialistas, empece por eliminar o repago e garantir a súa universalidade"

“A dereita sempre se lembra das partidas de gastos pero non dos ingresos; este país necesita unha reforma fiscal que nos devolva a xustiza”, asegurou

O líder dos socialistas lamenta que “pasen os días e o presidente da Xunta non pida desculpas e avale as palabras de Cañete sobre as mulleres”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pediulle hoxe en Vigo ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que “se quere falar cos socialistas de políticas de concertación na sanidade, empece por eliminar o repago e garantir a súa universalidade”.

Besteiro participou nun mitin coa cabeza de lista do PSOE ás eleccións europeas, Elena Valenciano, o candidato José Blanco e o alcalde Abel Caballero. Os socialistas lamentan a proposta que fixo hoxe Núñez Feijóo para a sanidade, cando nos últimos meses o PP aprobou en Galicia o repago nos medicamentos hospitalarios ou no transporte de doentes.

“Temos unha dereita que sempre fala das partidas de gastos e nunca dos ingresos, o que este país necesita é unha reforma fiscal que nos devolva a xustiza, á situación de igualdade de dereitos e oportunidades que sempre defendimos os socialistas”, asegurou o líder do PSdeG.

Na súa intervención, o secretario xeral dos socialistas criticou “o que fai o Partido Popular cos rescates; primeiro aos bancos e agora ás empresas concesionarias das autoestradas, pero nunca aos cidadáns, cada día máis empobrecidos pola política de recortes do PP”.

Besteiro lembrou ademais que Feijóo aínda non pediu desculpas polas palabras do candidato Miguel Arias Cañete: “Aínda está a tempo; agora mesmo é un presidente ausente, que prefire non estar en Galicia cando sete concelleiros de Santiago son xulgados, pero aínda está a tempo de pedir perdón polo machismo do seu cabeza de lista. Pode facelo desde Madrid ou desde Barcelona”.

Enerxía e ilusión

Pola súa parte, o candidato José Blanco deulle as gracias a Elena Valenciano “polo debate con Cañete, porque coa túa victoria encendiches a campaña e saltaron todas as alarmas no Partido Popular, e porque despertou a enerxía deste partido, que cuando actívase é imparable”.

“Con esta enerxía, con esta ilusión e contigo imos gañar as eleccións o próximo domingo e temos que derrotar dunha vez o machismo casposo, reaccionario e vergonzoso que nos quere devolver aos tempos das mulleres sometidas aos seus pais e aos seus maridos”, manifestou. “A quen hai que someter é á dereita nas urnas o domingo; aí é donde hai que meter ao machismo da dereita: no corral da derrota”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar