Besteiro pídelle a Feijóo que recapacite e defenda os galegos do repago hospitalario, como están a facer outros líderes do PP

Besteiro pídelle a Feijóo que recapacite e defenda os galegos do repago hospitalario, como están a facer outros líderes do PP

Besteiro pídelle a Feijóo que recapacite e defenda os galegos do repago hospitalario, como están a facer outros líderes do PP

besteiroO Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, pídelle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que “dea marcha atrás, recapacite e defenda os galegos ante o repago hospitalario” que quere aplicar o Goberno da dereita, e que considere sumarse aos líderes doutras comunidades gobernadas polo PP que rexeitarán que os enfermos crónicos paguen polos seus medicamentos ou asumirán o custo sen que repercuta nos cidadáns. Besteiro reclámalle a Feijóo que “amose a súa autoridade e sensibilidade e defenda os intereses dos galegos aínda que para iso teña que desobedecer a Rajoy”, e advírtelle de que “non ten sentido a súa carreira por ser o primeiro de España en ser aplicado co seu partido para aumentar a desigualdade cunha medida inxusta”.

Gómez Besteiro lémbralle a Feijóo que “a decisión de dar marcha atrás é moi sinxela” e asegúralle que contará co apoio do PSdeG se decide tomala, despois de que xa o fixeran De Cospedal ou os seus compañeiros de Baleares, Castela e León ou Estremadura. O socialista incide tamén en que Cantabria está a facer un estudo sobre o que suporá esta medida e incluso Madrid di que non o aplicará se prexudica os cidadáns. Besteiro lembra que o PSdeG xa presentou iniciativas no Parlamento nas que solicitaba a non aplicación deste repago ou, en última instancia, que a Xunta asumise o custo económico desta medida, “coa negativa absoluta do PP”, e que o propio Feijóo “pechouse a falar sobre este tema” na reunión que ambos mantiveron en San Caetano.

Esta mesma semana, os socialistas presentaron iniciativas na Cámara a través da voceira de Sanidade, Carmen Acuña, para coñecer se, de seguir adiante, a Xunta ten previsto respectar a obxección de conciencia dos médicos que non queiran aplicar esta medida e que pasará cando algún doente renuncie a pagar, se retirarán a medicación ou aplicarán listas de morosos nos hospitais. Besteiro lembra que a medida non se sostén nin sequera co argumento económico, “que nunca debe ser unha razón para minguar a calidade e a igualdade do sistema sanitario”, xa que non supón un aforro significativo -300.000 euros cando o Sergas ten un orzamento de 3.326 millóns- e non resulta disuasoria por canto afecta a fármacos vitais que os doentes teñen que usar polas súas doenzas.

Por outra banda, Besteiro tamén convidou a Feijóo a “reflexionar” sobre outras decisións que prepara o seu partido como o repago das ambulancias no transporte non urxente para os cidadáns, despois de que se coñeza un informe do Consello de Estado que cuestiona esta medida. O líder socialista solicítalle que “loite contra unha nova decisión que en Galicia tería un custo aínda maior para os cidadáns pola dispersión demográfica do noso país”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar