Besteiro pídelle a Feijóo que non discuta os datos da EPA e "asuma a realidade" para buscar solucións aos case 300.000 galegos que queren traballar e non poden

Besteiro pídelle a Feijóo que non discuta os datos da EPA e "asuma a realidade" para buscar solucións aos case 300.000 galegos que queren traballar e non poden

Besteiro pídelle a Feijóo que non discuta os datos da EPA e "asuma a realidade" para buscar solucións aos case 300.000 galegos que queren traballar e non poden

“Os socialistas estamos convencidos de que hai outra forma de facer política, coa prioridade da clase traballadora”, asegura o secretario xeral do PSdeG

Besteiro participou na manifestación do Primeiro de Maio en Vigo

O secretario xeral do Partido Socialista de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, defendeu onte en Vigo “unha forma de facer política pensando na clase traballadora” para rematar coa actual situación de desemprego e crise económica.

Besteiro participou na manifestación do Primeiro de Maio en Vigo e solicitoulle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que “non discuta os datos da EPA e asuma a realidade”, que en Galicia reflicte que hai case 300.000 persoas que queren traballar e non poden.

“A Festa dos Traballadores cumpre hoxe 128 anos, naceu da man dos socialistas e agora hai unha nova clase traballadora, que non ten nada que ver co que había hai 40 ou 128 anos”, afirma o líder do PSdeG.

“Agora están os que teñen traballo e os que desgraciadamente non o teñen, os mozos e mozas que queren ter futuro e non poden ou os pensionistas que contribuen cos seus fillos e netos”, manifestou Besteiro, que lamenta que “a Presidencia Xunta dixera primeiro que non tiña competencias en materia de emprego e agora discuta o que di a EPA”.

En opinión do secretario xeral dos socialistas galegos, “ese non é o camiño, que asuma a realidade e modifique a súa actitude, porque as cousas están moito peor que hai cinco anos”. “O Goberno da Xunta ten a man tendida do PSdeG para buscar solucións e xerar emprego, non podemos caer na resignación”, afirma.

“Hoxe estamos aquí, celebrando o Primeiro de Maio, pero mañá teremos que rendir contas ante a cidadanía na loita contra paro e empobrecemento, hai outra forma de facer política que é o que defendemos os socialistas; unha política pensada na clase media e na clase traballadora”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar