Besteiro pídelle a Feijóo que “loite por un reparto de cotas xusto” para a frota galega do cerco

Besteiro pídelle a Feijóo que “loite por un reparto de cotas xusto” para a frota galega do cerco

Besteiro pídelle a Feijóo que “loite por un reparto de cotas xusto” para a frota galega do cerco

“A Xunta debería facer o mesmo que o Goberno de Asturias, que apoia as reivindicacións do sector en Madrid, en Bruxelas e ante a Xustiza”, asegura o secretario xeral do PSdeG

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pediulle hoxe ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, “que escoite aos traballadores do sector do cerco e fixe unha posición forte de Galicia para rexeitar o actual reparto de cotas, que negocie e loite por unha redistribución máis xusta”.

En referencia ao acontecido onte en Santiago, o líder dos socialistas galegos lembrou que “o PSdeG impulsou onte no Parlamento de Galicia unha moción, secundada co conxunto da oposición e cos traballadores, pero vetada polo PP, para rexeitar o actual reparto de cota de xurelo e cabala, emplazando ao Goberno de Madrid a negociar unha nova redistribución de capturas menos dañina para Galicia”.

“A Xunta debería facer o mesmo que o Goberno do Principado de Asturias, que apoia as protestas do sector e xa iniciou accións ante os Parlamentos autonómico, nacional e europeo, recorrendo ademáis á Xustiza para paralizar o reparto das cotas; apoian aos traballadores, mentres Feijóo dálle as costas”, manifestou.

O secretario xeral dos socialistas considera que “o Goberno da Xunta non foi quen de negociar en Madrid un reparto de cotas xusto para Galicia, o que deixa sen traballo a gran parte da frota e a miles de familias, e agora debe dar respostas e alternativas ao sector”.

Besteiro lamentou que “mentres non se atopan solucións para Galicia, o Partido Popular pon en marcha unha política policial e intimidatoria inxustificable, como vimos onte nas rúas de Santiago”. “Como secretario xeral dos socialistas galegos, esíxolle á Xunta, ao Delegado do Goberno e ao Ministerio de Interior que dea explicacións sobre o acontecido”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar