Besteiro pídelle a Feijóo “que lidere Galicia polo menos o tempo que lle queda, basta xa de tanta irresponsabilidade”

Besteiro pídelle a Feijóo “que lidere Galicia polo menos o tempo que lle queda, basta xa de tanta irresponsabilidade”

Besteiro pídelle a Feijóo “que lidere Galicia polo menos o tempo que lle queda, basta xa de tanta irresponsabilidade”

Foto 3O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pediulle hoxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “que lidere Galicia polo menos o tempo que lle queda, basta xa de tanta irresponsabilidade”.

Besteiro estivo hoxe no encontro dos socialistas de Oroxo, xunto a Manuel Mirás, alcalde do municipio, e numerosos afiliados e simpatizantes. “Rematamos unha semana tremenda de contestación social sen precedentes, pero o que fai Feijóo é botarlle a culpa da crise lácteo aos sindicatos e da manifestación polo Hospital de Vigo aos cidadáns”, manifestou.

Para o secretario xeral dos socialistas galegos, “é algo inaudito, Núñez Feijóo e a Xunta nunca teñen responsabilidade nos problemas que afectan aos cidadáns e a sectores estratéxicos, ten que poñer fin a esta desconexión constante coa realidade de Galicia”.

Con respecto á decisión que tomou hoxe en Madrid a Comisión Executiva Federal do PSOE, nomeando a Abel Caballero como candidato para presidir a Federación Española de Municipios e Provincias, FEMP, Besteiro amosou a súa satisfacción, “era o que queríamos os socialistas galegos e agora tamén os do resto de España”.

“Os socialistas presidiremos a FEMP con Abel Caballero, un reflexo do que pasou nas últimas eleccións municipais, e falamos dun foro moi importante para buscar solucións aos problemas dos cidadáns, a maior parte das políticas pasan polos concellos que incluso exercen como interlocutores en temas nos que non teñen competencias”, afirmou.

Por último, o secretario xeral do PSdeG engadiu que confía en que “a normalidade democrática volva na Deputación de Lugo, que recuperemos a normalidade que queren os cidadáns nunha provincia na que o PP sufriu un duro varapalo nas municipais e ten menos votos que socialistas e BNG”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar