Besteiro pídelle a Feijóo que “cese co disparate que sume a capital de Galicia na maior crise institucional dun concello despois de Marbella”

Besteiro pídelle a Feijóo que “cese co disparate que sume a capital de Galicia na maior crise institucional dun concello despois de Marbella”

Besteiro pídelle a Feijóo que “cese co disparate que sume a capital de Galicia na maior crise institucional dun concello despois de Marbella”

“Atopámonos nunha situación esperpéntica onde imos polo terceiro alcalde en tres anos”, lembra o secretario xeral do PSdeG

Besteiro valorou a decisión de Susana Díaz de non presentarse ás primarias e lembrou: “o que debemos facer os que ostentamos unha responsabilidade no partido é non interferir nunha decisión que vai ser transparente, responsable e moi participativa”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pediulle esta mañá ao presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, en declaracións aos medios que “cese canto antes” o “verdadeiro disparate” no que introduciron el e o seu partido o Concello de Santiago. “Isto sume a capital de Galicia na que probablemente sexa a crise institucional máis grave que se recorda nun concello en democracia despois de Marbella”, afirmou o socialista.

Besteiro, que non recorda “unha crise institucional deste calibre”, define como “esperpéntica” a situación na que, lembra, “imos polo terceiro alcalde do Partido Popular en tres anos”

En resposta aos medios, o secretario xeral dos socialistas galegos tamén falou sobre a decisión de Susana Díaz de non concurrir ao proceso de primarias do PSOE. “Hai que respectar a súa decisión e valorala no sentido de que probablemente para ela pesou máis que hoxe o seu momento está centrado en Andalucía; teño a mellor das opinións de Susana pero probablemente teña acertado na súa decisión”, afirmou Besteiro, que encadrou dar o paso “nunha decisión que ten que ser totalmente persoal e absolutamente clara por parte do candidato”.

Besteiro lembrou que as primarias “igualan a todos os militantes” e “o que debemos facer os que ostentamos unha responsabilidade no partido é non interferir nesa decisión que vai ser limpa, transparente, responsable e moi participativa”, dixo. “Eu o que pedín en Galicia foi un proceso aberto onde o militante decidira, e as opinións que teñamos eu como secretario xeral ou cada un de nós é irrelevante, e temos que compartila coa urna”, afirmou o socialista, que convidou unha vez máis ao resto de partidos a que “tomen exemplo” dun proceso “que é moi grande”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar