Besteiro pídelle a Feijóo "que abandone a soberbia e retome a proposta de pacto polo emprego do PSdeG" ante os datos "alarmantes" da EPA

Besteiro pídelle a Feijóo "que abandone a soberbia e retome a proposta de pacto polo emprego do PSdeG" ante os datos "alarmantes" da EPA

Besteiro pídelle a Feijóo "que abandone a soberbia e retome a proposta de pacto polo emprego do PSdeG" ante os datos "alarmantes" da EPA

“Estamos preto dos 300.000 desempregados e somos a peor comunidade autónoma na evolución da loita contra o paro”, afirma o líder dos socialistas galegos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, demandoulle hoxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “que abandone a soberbia e a prepotencia e retome e valore a proposta de pacto polo emprego que o ano pasado lle planteou o PSdeG dunha forma leal e constructiva”, ante os datos da EPA coñecidos hoxe.

“Estamos preto dos 300.000 desempregados e somos a peor comunidade autónoma na evolución da loita contra o paro”, manifestou Besteiro. Os datos da EPA reflicten que hai 296.900 galegos sen traballo, peor dato histórico, e xa hai 101.500 fogares en Galicia con todos os seus membros en desemprego.

Nos últimos doce anos, Galicia lidera o aumento do paro en España ao contar con 9.100 desempregados máis que en marzo de 2013. No primeiro trimestre do ano, Galicia foi a segunda comunidade onde más subiu o desemprego (16.100 máis).

“Son cifras moi negativas e alarmantes, hai motivos para a preocupación, Galicia necesita un pacto claro para xerar emprego; a poboación activa baixa e temos que darlle unha expectativa de futuro a todos os galegos e galegos”, manifestou o líder dos socialistas galegos.

O secretario xeral do PSdeG reiterou a súa petición a Feijóo para que deixe atrás a súa actitude “e abrace un pacto” cos socialistas para darlle a volta a unha situación moi complicada para o texido produtivo galego. “Non estamos nun escenario de recuperación económica”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar