Besteiro pide a Rajoy e a Merkel que se preocupen "do longo camiño que teñen que percorrer os cidadáns para chegar a final de mes"

Besteiro pide a Rajoy e a Merkel que se preocupen "do longo camiño que teñen que percorrer os cidadáns para chegar a final de mes"

Besteiro pide a Rajoy e a Merkel que se preocupen "do longo camiño que teñen que percorrer os cidadáns para chegar a final de mes"

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pediulle hoxe ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e a canciller Ángela Merkel, de visita maña e pasado en Galicia, “que mentres fan o Camiño de Santiago se preocupen do longo camiño que os cidadáns teñen que percorrer para chegar a final de mes”.

O líder dos socialistas galegos estivo hoxe en Santiago co novo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, con quen percorreu o casco antigo de Santiago antes de dar unha rolda de prensa conxunta para presentar o decálogo de medidas do Pacto Europeo pola competitividade, o traballo e a cohesión social. “Agradecemos moito a súa presencia, xa que ademais sabemos que na axenda federal do partido están hoxe moi presentes os problemas de Galicia”, manifestou Besteiro.

14821186619_af673057da_z

O secretario xeral do PSdeG falou da necesidade “dunha reindustrialización de Galicia, á marxe dos problemas enerxéticos ou demográficos que temos; son problemas compartidos polo conxunto do PSOE e traballaremos para ofrecerlles unha alternativa aos cidadáns”.

“A política de austeridade da dereita é absolutamente empobrecedora e non ofrece futuro, a dereita dos recortes ten que rematar e os socialistas temos que demostrar, como sempre fixemos, que outra forma de facer política é posible”, apuntou Besteiro.

“Fuximos dos paseos triunfualistas blindados do PP, o que ten que facer Rajoy e explicarlle a Merkel os problemas do noso sector naval ou do sector primario, da pesca e da agricultura galegas”, engadiu Besteiro, antes de reunirse xunto a Pedro Sánchez con representantes do sector primario galego.

En opinión do máximo representante do PSdeG, “estamos nunha nova dinámica, con ideas novas, propostas e traballo; o proceso de primarias permite aos socialistas escoitar as demandas dos militantes sobre cuestións fundamentais para o país”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar