Besteiro: "Para Francia o sector do leite é estratéxico e para Rajoy e Feijóo nunca o foi, e este é o resultado"

Besteiro: "Para Francia o sector do leite é estratéxico e para Rajoy e Feijóo nunca o foi, e este é o resultado"

Besteiro: "Para Francia o sector do leite é estratéxico e para Rajoy e Feijóo nunca o foi, e este é o resultado"

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, acudiu esta mañá á manifestación e tractorada do sector lácteo en Vilalba. “Para Francia, o sector do leite é estratéxico, e para o PP en España e en Galicia nunca o foi, e este é o resultado”, afirmou Besteiro, que reclamou “solucións políticas a un problema político”. O socialista resaltou que ata a ministra lle botou esta semana un “rapapolvo esperpéntico” a Feijóo, ao trasladar “que exerza as súas competencias e que nos últimos meses non o estivo a facer”.

O líder dos socialistas galegos definiu como “unha auténtica catástrofe” a situación do medio rural galego, e lembrou que Feijóo non quixo ver o problema do que xa lle advertiron hai tempo. “Hai un ano os socialistas anunciabamos que coa finalización das cotas lácteas o goberno tería que estar preparado e poñer medios para estalo, e se nos dicía que eramos uns catastrofistas”, apuntou. “É máis, Feijóo asegurou que os prezos subirían e que a situación de bonanza voltaría ao medio rural galego. Un ano despois a situación está peor” dixo. “É unha situación que require solucións políticas a un problema político, e un forte compromiso co medio rural”.

“Para Francia, o sector do leite é un sector estratéxico, para o PP en España e en Galicia nunca o foi, e este é o resultado que acadamos agora. A desvalorización, a perda económica, a ruina para as explotacións gandeiras, e seguen sen ter unha resposta política a un problema político”, insistiu, para o que demandan “implicación” e que “deixen de poñer excusas legais, porque non existen”.

“Francia actúa e faino en beneficio dos seus gandeiros. O Goberno do PP, de Rajoy e de Feijóo, desatende un problema vital , porque segue sen considerar o mundo do rural, o mundo dos gandeiros e o do leite como un valor estratéxico para o noso país”, afirmou Besteiro, que pediu “un goberno que pise forte en Europa, que defenda os intereses dos nosos gandeiros”, e non “un goberno da Xunta que, como dixo a ministra, non está a facer o seu traballo”. “O rapapolvo desta semana da ministra para a comunidade autónoma de Galicia é absolutamente esperpéntico. Dille ao PP que exerza as súas competencias e que durante estes últimos meses non o estivo a facer”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar