Besteiro: “Os socialistas somos o único partido capaz de provocar un cambio para todos na Coruña liderados por Mar Barcón”

Besteiro: “Os socialistas somos o único partido capaz de provocar un cambio para todos na Coruña liderados por Mar Barcón”

Besteiro: “Os socialistas somos o único partido capaz de provocar un cambio para todos na Coruña liderados por Mar Barcón”

17965849502_e9b135a05c_zO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou hoxe que “os socialistas somos o único partido capaz de provocar un cambio para todos na Coruña liderados pola alcaldesa Mar Barcón”.

Besteiro, xunto ao secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, participou nun mitin coa candidata socialista á alcaldía. “A Coruña perdeu a súa condición de referencia nos últimos catro anos e non todos os que se presentan ás eleccións do domingo son capaces de facer cambios que sumen a toda a cidade”, afirma o secretario xeral dos socialistas.

“Os socialistas recuperaremos A Coruña como cidade solidaria, puxante e social na que os barrios teñan voz, e para iso necesitamos unha alcaldesa de todos e para todos, a única que pode provocar un cambio real”, asegurou o líder do PSdeG, que fixo referencia “aos moderados que de boa fe confiaron no PP, un partido que traizoou aos cidadáns”.

“Eles non miran para a maioría, pero nós gobernamos para a maioría e a xente sabe que foi un erro votar ao PP no 2011, os socialistas estamos preocupados polos intereses dos veciños, A Coruña non merece un alcalde que faga o que lle mandan desde outro lugar; Mar Barcón será unha alcaldesa de todos e para todos e o domingo temos todos unha gran responsabilidade”, engadiu.

“O PSdeG quere unha A Coruña distinta e mellor, é posible recuperar o que foi esta cidade da man da xente progresista que o domingo apoiará a unha alcaldesa socialista, temos outra forma de gobernar e o demostraremos”, rematou Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar