Besteiro: “Os socialistas levamos as nosas siglas por diante, é o noso orgullo fronte a un PP que as agochará por unhas políticas que fixeron moito dano”

Besteiro: “Os socialistas levamos as nosas siglas por diante, é o noso orgullo fronte a un PP que as agochará por unhas políticas que fixeron moito dano”

Besteiro: “Os socialistas levamos as nosas siglas por diante, é o noso orgullo fronte a un PP que as agochará por unhas políticas que fixeron moito dano”

luO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou hoxe que “os socialistas levamos as nosas siglas por diante, estamos moi orgullosos delas, fronte a un Partido Popular que as agochará despois de varios anos de políticas que fixeron moito dano”.
O líder dos socialistas galegos, xunto á candidatura para a cidade de Lugo liderada polo alcalde, Xosé López Orozco, recibiron está maña o autobús do PSOE, que baixo o lema 25.000 quilómetros de socialismo recorrerá Galicia durante catro días e despois viaxará por toda España nas próximas semanas.
“Somos un partido centenario con vocación de futuro, este autobús levará as nosas siglas e o noso orgullo a pé de rúa, falando e dialogando cos cidadáns, convencendo á xente cunhas políticas nas que os servizos públicos son a nosa prioridade”, asegurou Besteiro.
“O PP escapa das súas siglas, falan de erros de comunicación pero o problema non é o continente, é o contido, é moi difícil comunicar ben unha amnistía fiscal, a reforma laboral ou un 91% de temporalidade dos contratos”, manifestou o secretario xeral do PSdeG, que criticou tamén “o aumento das persoas que non teñen dereito a nada, o Partido Popular o pagará e por iso agochan as súas siglas”.
En opinión de Besteiro, “non son os únicos que as agochan, hai outros que tamén o fan, vendendo unha socialdemocracia que non é máis que unha copia; os socialistas estamos convencidos de que os cidadáns, entre o orixinal e a copia, votarán o orixinal, estamos orgullosos do que somos e levaremos un cambio seguro ao conxunto da sociedade”.
“Cada vez temos un maior recoñecemento, as políticas que levamos a cabo cando gobernamos son as que quere a xente, sempre damos a cara e propoñemos outra forma de gobernar, pensando sempre nas persoas”, engadiu o líder dos socialistas galegos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar