Besteiro: “Os concellos socialistas son os que mellor controlan a débeda mantendo os mesmos servizos”

Besteiro: “Os concellos socialistas son os que mellor controlan a débeda mantendo os mesmos servizos”

Besteiro: “Os concellos socialistas son os que mellor controlan a débeda mantendo os mesmos servizos”

O secretario xeral inaugurou as xornadas municipais do PSdeG da provincia da Coruña, celebrada hoxe en Santiago

Gómez Besteiro afirmou que “os socialistas somos o partido que mellor xestiona as administracións municipais”

Contrastou a vocación municipalista dos socialistas coa política diametralmente oposta do PP ao que molestan os concellos e que iniciou un proceso recentralizador sen precedentes a través da lei de reforma da Administración

Preguntado polo levantamento parcial do sumario da Pokémon, o líder socialista apelou á presunción de inocencia e reclamou unha Xustiza máis rápida, porque a cidadanía percibe que así tamén sería máis xusta

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, contrastou a “vocación municipalista” dos socialistas coa “concepción política do Partido Popular, onde os concellos estorban para o seu exercicio do poder”. A visión do local dos socialistas, é, para Besteiro, “diametralmente oposta a dos populares”, e definiu ao PSdeG como “unha forza que cree no municipalismo, que cree nos concellos e sobre todo na relación dos municipios cos seus cidadáns”, como administración de proximidade.

Gómez Besteiro, que inaugurou hoxe en Santiago a Xornada sobre municipalismo organizada pola dirección provincial do PSdeG da Coruña, afirmou que “os socialistas construímos o noso discurso desde o local”, un campo onde están “as mellores mostras de éxito de xestión socialista nos últimos anos”. O dirixente socialista felicitou ao secretario provincial, Francisco Caamaño, e aos asistentes por unhas xornadas “moi axustadas ó xeito de entender a política dos socialistas” .

O líder dos socialistas galegos salientou como características da vocación municipalista do PSdeG “a defensa da calidade democrática, a protección do Estado de Benestar, e como sinónimo de estabilidade económica”. Besteiro afirmou que “somos o partido que mellor xestiona as administracións municipais”.

Neste sentido salientou que son os concellos socialistas os que practican unha maior contención da débeda. Recordou aos populares que, en todo caso, a débeda pública que provén dos municipios é o 4%, o resto ven da administración autonómica, e no caso de Galicia a débeda xa supera o Orzamento e da Administración do Estado, onde xa representa o 100% do PIB.

“Os únicos que reducen débeda son os socialistas, e mantendo os mesmos servizos”, insistiu Besteiro.

Acusou ao PP de encetar, coa lei de reforma da Administración , “un proceso recentralizador sen precedentes”, que vulnera a “autonomía local que tanto defendemos os socialistas”. Pero salientou que aínda que “para a dereita os concellos sexan un problema non significa que para os cidadáns o sexan”.

Diante dun auditorio repleto de alcaldes e concelleiros do PSdeG da provincia coruñesa, o máximo dirixente do PSdeG recordoulle que dentro de ano e medio se abre o proceso de eleccións locais e “ten que coller a este partido preparado, como sempre, ofrecendo os mellores candidatos e as mellores candidatas e un partido aberto a afrontar os novos retos da sociedade”.

Sobre este asunto Besteiro apostou pola “recuperación” no seu concepto amplo. “Recuperar é volver á situación na que estabamos, non só económica, senón de dereitos e liberdades que tiñamos antes da crise”. Advertiu que o PP “falará de grandes cifras, que non afectan ao cidadán”. Os socialistas “falaremos de igualdade” e os populares do “sálvese quen poida”, distinguiu o secretario xeral dos socialistas galegos.

XUSTIZA RÁPIDA
A preguntas dos xornalistas sobreo levantamento parcial do segredo do sumario da coñecida como Operación Pokémon, Gómez Besteiro pediu “unha xustiza rápida, transparente e absolutamente obxectiva, pero sobre todo rápida”. A razón é que “os cidadáns teñen a impresión de que canto máis rápida, é mais xusta”.

A partires de aí “respectar a presunción de inocencia, que é un dereito que nos ampara a todos os españois”. O dirixente socialista apelou “á responsabilidade, á seriedade e a non facer xuízos paralelos”.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE manifestou o seu “respaldo a todos os dirixentes do seu partido”, pero esta non é a cuestión. Para Besteiro trátase “dunha actuación xudicial e ante esa actuación xudicial eu contesto que a presunción de inocencia é un dereito fundamental”. Aclarou que a súa posición foi sempre esta, porque este é un dereito que se da “a todos os cidadáns, por certo tamén aos políticos, tamén aos do Partido Popular”, engadiu recordando a imputación de varios concelleiros de Santiago.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. javier
    Febreiro 11, 2014 a 17:21

    si es verdad eso por que no teneis el concello de moaña ya que al parecer quien esta al frente no sabe donde tiene la mano derecha si puesto que si no fuese por el presidente dela diputacion el no se enteraria de nada ya que por moaña no ha hecho nada de nada y vosotros parece que lo estais apoyando ,pues a ver como les ecis a los vecinos de moaña el engaño en el que estais metiendo al concello, hay mucho pero mucho por hacer y no se hace nada de nada por ambas partes.

Deixar a resposta

Pechar