Besteiro: “O que están a conseguir os gandeiros, están a conseguilo unicamente co seu esforzo, non porque a Xunta axude para solucionar os seus problemas”

Besteiro: “O que están a conseguir os gandeiros, están a conseguilo unicamente co seu esforzo, non porque a Xunta axude para solucionar os seus problemas”

Besteiro: “O que están a conseguir os gandeiros, están a conseguilo unicamente co seu esforzo, non porque a Xunta axude para solucionar os seus problemas”

IMG-20150917-WA0006O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou hoxe en Rodeiro que “o que están a conseguir os gandeiros, están a conseguilo unicamente co seu esforzo, non porque a Xunta axude para solucionar os seus problemas”.

O líder do PSdeG visitou a explotación gandeira Juiz Cidre, en Rodeiro, unha das moitas que tiveron que tirar leite pola crise do sector lácteo. “A Núñez Feijóo só preocúpalle que desaparezan as mobilizacións, é un presidente ausente”, asegurou.

“Falamos dunha loita pola supervivencia, o sector necesita un prezo sostible e unha Administración que interveña e non mire para outro lado, o PSdeG está e estará sempre do lado dos gandeiros, os tractores poden desaparecer das rúas pero o problema non”, afirmou.

“A Xunta nin está nin se lle espera cando tiña que liderar una solución para un sector estratéxico para Galicia, pero lamentablemente nin defende nin representa aos gandeiros”, dixo Besteiro, que lembrou que “todos sabíamos hai un ano o que pasaría, mentres Feijóo dicía que estaba todo solucionado”.

“O campo galego necesita una viabilidade e que os donos das explotacións reciban un prezo sostible por cada litro de leite, hoxe temos aquí unha testemuña directa do que pasa, da crise dun sector fundamental para a economía galega”, engadiu.

Pola súa parte, Edita Lorenzo, responsable da explotación, afirmou que “estamos moi decepcionados, non cubrimos custos e a crise é tremenda, non vemos apoio por parte da Xunta, estamos cansos e moitos vivimos das pensións da xente maior, as empresas sempre se aproveitaron de nós”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar