Besteiro: “O presidente Feijóo é un mestre en xerar expectativas que despois converte en frustacións, o seu globo desínchase”

Besteiro: “O presidente Feijóo é un mestre en xerar expectativas que despois converte en frustacións, o seu globo desínchase”

Besteiro: “O presidente Feijóo é un mestre en xerar expectativas que despois converte en frustacións, o seu globo desínchase”

Besteiro HemicicloO secretario xeral do Partido Socialista de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe no Parlamento que “o presidente Feijóo é un mestre en xerar expectativas que despois converte en frustacións, o seu globo desínchase ano tras ano”.

Nunha valoración ao discurso do presidente da Xunta no Debate sobre o Estado da Autonomía, o líder dos socialistas galegos lamentou “o triste panorama que Núñez Feijóo debuxa para os pensionistas, os desempregados, os sectores produtivos ou o pequeño comercio”.

“Despois de escoitar a Feijóo, trasládolles que non esperen nada da Xunta para mellorar a vida de todos os galegos, o presidente amosa unha clara incapacidade, é un mestre en xerar expectativas sobre expectativas, todas elas frustadas posteriormente”, manifestou ante os medios de comunicación o secretario xeral do PSdeG.

“Por certo, o que o ano pasado non era valorable cando eran propostas dos socialistas, agora son as principais medidas de Feijóo, aínda que sin concretar: fala de 48 millóns para o plan de emprego xuvenil e fai una simple referencia aos desempregados de máis de 45 anos”, afirma Besteiro.

O máximo representante do PSdeG botou en falla “propostas concretas para aumentar a transparencia, abordar a necesaria reindustrialización ou o grave problema demográfico de Galicia, outro ano sen solucións e con frustadas expectativas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar