Besteiro: “o PP na oposición dicía canto peor, mellor. Os socialistas queremos para Galicia que canto mellor, mellor”

Besteiro: “o PP na oposición dicía canto peor, mellor. Os socialistas queremos para Galicia que canto mellor, mellor”

Besteiro: “o PP na oposición dicía canto peor, mellor. Os socialistas queremos para Galicia que canto mellor, mellor”

O secretario xeral do PSdeG afirmou na Radio Galega que os socialistas traballarán con este lema para cambiar as cousas e que “a xente vexa o futuro con esperanza”

Censurou que o Parlamento non funcione a plena actividade en xullo e xaneiro, e sobre a reforma electoral manifestou que debe ser “entre todos, porque quen ten o 24,5% dos votos do censo non pode aplicar a máxima da lei do rodillo, aínda que legalmente poida, politicamente, e nestes tempos, non pode facelo”

Os socialistas galegos alégranse pola contratación do flotel pero non resolve o problema do naval en Ferrol. O seu secretario xeral comprometeuse a que traballarán para conseguir carga de traballo

Besteiro fixo un chamamento a todos os partidos para centrarse nos problemas dos cidadáns

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou que o seu partido traballa e vai traballar para que Galicia vaia mellor. Contrasta esta postura coa que mantivo o PP cando era oposición, os socialistas “queremos que canto mellor, mentres que os populares cando non gobernaban dicían canto peor, mellor”.

Nunha entrevista emitida este domingo na Radio Galega, o dirixente socialista, advertiu do “difícil momento que están a pasar os cidadáns” e manifestou a súa preocupación polo “desánimo da sociedade que sufre falta de emprego, de esperanza de futuro, que ven como os fillos marchan para fóra”. Asumiu a “responsabilidade que temos os socialistas de cambiar as cousas en Galicia, e que a xente vexa o futuro con esperanza” e isto é o que “como partido na oposición, pero que aspira ao Goberno, nos ten que motivar todos os días para traballar máis e mellor”.

En relación ao encargo de Pemex, Gómez Besteiro manifestou alegarse do contrato, pero dixo que “este efecto xa está absolutamente descontado”. Recriminou a Núñez Feijóo que “en maio de 2012 prometera que se ían construír en Galicia 7 remolcadores e tampouco hai contestación para o dique flotante”. O líder socialista propuxo “traballar para conseguir encargos para o sector naval” porque “o flotel non vai solucionar os problemas que ten o sector público dos estaleiros en Ferrol”. Anunciou que o seu partido traballará para conseguir máis encargos e lembrou que co Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero “había traballo ao 100% no sector público naval de Ferrol, dous anos despois non hai carga de traballo”.

Preguntado pola reforma electoral e o funcionamento do Parlamento de Galicia recordou que o PP chegou ó Goberno co 24,5% dos votos do censo electoral, e, “quen ten o 24,5% non pode aplicar a máxima da lei do rodillo, aínda que legalmente poida facelo, politicamente, e nestes tempos, non pode facelo”. “As regras de xogo deben cambiarse entre todos”, afirmou.

O dirixente socialista cualificou de “inadmisible que en xullo e en xaneiro non haxa actividade parlamentaria nun contexto de crise económica, non están os tempos para iso”. Besteiro propuxo “abrir o Parlamento á cidadanía, non que sexa o fortín no que non se fale dos problemas dos cidadáns en tempo”. Reivindicou que “o Parlamento sexa unha institución líder, porque é a institución onde se reflicte o que os cidadáns queren”.

Para o líder socialista a preocupación do seu partido son os problemas dos galegos por riba das cuestións orgánicas. “Non me gusta quitarlle importancia ás cousas pero tampouco me gusta que a miña actuación política se desvíe do principio fundamental que é mellorar a vida dos cidadáns. Con esa responsabilidade me levanto todos os días como secretario xeral”, aseverou.

Besteiro fixo “un chamamento a todos os partidos políticos a que nos centremos nos problemas dos cidadáns". Explicou que todos os partidos viven as súas tensións: “hai aberto un proceso claro de secesión entre os diferentes grupos do PP en España”. Preguntado pola situación do seu partido en Ourense e Ferrol, o secretario xeral do PSdeG insistiu en que o expediente disciplinario aberto aos concelleiros ourensáns continúa e que informará das decisións de relevancia que se vaian tomando. No caso de Ferrol aprazou calquera decisión a que o asunto chegue á Comisión Executiva Nacional. A preocupación do dirixente socialista en relación a esta cidade oriéntase cara a como “ser capaces de contribuír a superar a situación de abandono que está a vivir a sociedade”.

Respecto do levantamento do sumario da Operación Pokemon, Gómez Besteiro fixo un chamamento á prudencia e á responsabilidade para que a xustiza poida actuar con normalidade e se eviten interferencias. “O importante é saltar da presunción á certeza e contribuír a esclarecer a verdade”, dixo. O líder dos socialistas galegos comparte a inquedanza da cidadanía ante estas noticias e reflexiona sobre outros casos, como o de José Blanco, no que “a presunción acabou en inocencia, como se repara todo aquelo?”, preguntouse o secretario xeral do PSdeG.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar