Besteiro: “O PP é o responsable da suba do 34% do lixo, e os cidadáns xa empezan a estar cansos de ter que pagar as facturas dunha mala xestión”

Besteiro: “O PP é o responsable da suba do 34% do lixo, e os cidadáns xa empezan a estar cansos de ter que pagar as facturas dunha mala xestión”

Besteiro: “O PP é o responsable da suba do 34% do lixo, e os cidadáns xa empezan a estar cansos de ter que pagar as facturas dunha mala xestión”

“Feijóo adoita dicir que só se trata do prezo dun café, pero é que xa van moitos cafés”, apuntou o socialista, que insistiu na posición do PSdeG de analizar o modelo de Sogama e coñecer os datos antes trasladarlle o problema aos veciños. “Que non esperen que sexamos cómplices dunha suba que nin está explicada, nin se sabe cales son as solucións”, asegura

“Nós temos unha idea e un proxecto, non somos o PP e convén recordalo. Dígoo porque o PP ten unha tendencia xa un pouco excesiva de responsabilizar a todo o mundo menos a eles do que acontece en Galicia”, afirmou

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou esta mañá que “o PP é o responsable da suba do 34% do lixo, e os cidadáns xa empezan a estar cansos de ter que pagar as facturas dunha mala xestión”. O socialista apuntou que “cada vez para un maior número de fogares en Galicia se está a tornar imposible pagar os servizos básicos” porque “o presidente Feijóo adoita dicir que só se trata do prezo dun café, pero é que xa van moitos cafés” entre “a suba do lixo, do gas, do teléfono ou da enerxía eléctrica, para a que xa anuncian outra suba” en xaneiro. “Que non esperen que sexamos cómplices dunha suba que nin está explicada, nin está fixado quen son os responsables nin cales son as solucións”, asegurou.

“O fácil é disparar contra o PSdeG, pero miren, o PSdeG non toma as decisións. Quen as toma, e parece que mal tomadas, é o PP en Madrid e en Galicia”, apuntou Besteiro, que insistiu en que “café tras café, o presidente imponlle á xente máis taxas e contribucións” a todos os galegos. “E que espera, que nós lle digamos que si, que está ben? Pois non, o PSdeG ten unha posición distinta, que é estudar o modelo de tratamento do lixo en Galicia, ver en que falla o proxecto de Sogama e onde se pode mellorar” o sistema.

“Nós temos unha idea e temos un proxecto, non somos o PP e convén recordalo. Dígoo porque o PP ten unha tendencia xa un pouco excesiva de responsabilizar a todo o mundo menos a eles do que acontece en Galicia. Hoxe critican os que van á folga e tíldana de política, mañá culpan os traballadores, a ministra Báñez bótalle a culpa aos traballadores e di que traballan pouco en España, e agora culpabilizan ao partido socialista dun acordo sobre a suba do 34% das taxas do lixo para o ano que vén que non ten precedenetes. Parece que o que non entende o PP é que ao final estas taxas as pagan os cidadáns”, di.

“A vida para os cidadáns en Galicia estase tornando insufrible. E agora de repente, o plan de Sogama vén facer o fácil: trasladar a factura aos cidadáns, e o PSdeG e os alcaldes socialistas non estamos por esa labor. Temos que analizar ese modelo, se segue a ser viable, e parece que non o é, porque ser viable non é trasladar os custos aos cidadáns, trátase de ser máis eficaz e eficiente”, explica o socialista, que lembra que o que reclama o PSdeG “é que antes de subir un 34% haberá que analizar como está ese modelo, se é viable economicamente e medioambientalmente”.

“Creo que o PP unha vez máis equivócase, a culpa non a ten o PSdeG, téñena eles porque decidiron que o lixo suba para o 2014 un 34%, algo inadmisible, máis dun terzo do custo actual da taxa de residuos. Ë unha decisión máis que importante como para non ser cuestionada e analizada con máis detalle”. Gómez Besteiro lembroulle ao goberno galego que “hai que ser serios e contarlles aos cidadáns a realidade” e “explicarlles por que o PP en Madrid non decidiu deixar ao marxe da suba tarifaria a empresas públicas como Sogama, por que se lles quere subir o 34% aos cidadáns e por que queren facelos culpables da mala xestión”. Besteiro apuntou que o PSdeG “está estudando todas as fórmulas” contra a suba do lixo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar