Besteiro: "O discurso de Feijóo tivo pouco reto de futuro, pouca estratexia e moita despedida"

Besteiro: "O discurso de Feijóo tivo pouco reto de futuro, pouca estratexia e moita despedida"

Besteiro: "O discurso de Feijóo tivo pouco reto de futuro, pouca estratexia e moita despedida"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu que o discurso do Estado da Autonomía de Feijóo caracterizouse por “pouco reto de futuro, pouca estratexia e moita palabra de despedida”. Logo da intervención do presidente da Xunta, lamentou a falla de propostas para a recuperación económica e a creación de emprego a cambio de incluír “medidas fiscais cosméticas”.

A loita contra o desemprego foi un dos grandes esquecidos dunha intervención que, a xuízo do líder dos socialistas galegos, se centrou en medidas fiscais “para a galería” das que non van poder disfrutar os 250.000 galegos e galegas que non poden traballar e polo tanto non pagan impostos.

Criticou que o presidente da Xunta continúe un ano mais sen dar mostra de ter comprendido o drama que supón a destrución de emprego, ata o punto de que a propia UE ten posto a esta Comunidade Autónoma como “exemplo de destrución de emprego” mentres o goberno galego obvia calquera proposta de impulso económico ou a reindustrialización de Galicia.

O cambio de ciclo e o feito de que sexa o derradeiro debate do Estado da Autonomía de Feijóo, explicou Besteiro, son as únicas coincidencias do líder socialista coa intervención do presidente da Xunta. Sinalou que os galegos e galegas “pregúntanse en que medida van mellorar as súas vidas as políticas de Feijóo”.

En definitiva, o líder dos socialistas galegos veu un “discurso de despedida” baleiro de contido real e que tan só é quen de apelar á “fe” dos galegos e galegas no goberno do PP para que a súa situación poida mellorar.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar