Besteiro: "O cambio non é cousa só de partidos políticos, é cousa dos cidadáns, chamados a cambiar este país o 20D"

Besteiro: "O cambio non é cousa só de partidos políticos, é cousa dos cidadáns, chamados a cambiar este país o 20D"

Besteiro: "O cambio non é cousa só de partidos políticos, é cousa dos cidadáns, chamados a cambiar este país o 20D"

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, pechou esta noite o acto de presentación dos candidatos ás eleccións xerais pola provincia de Ourense, onde destacou que “os cidadáns non van poder escapar o 20D da decisión de se queren cambiar as cousas ou non, e só hai dúas opcións: ou segue como presidente Rajoy ou o é Pedro Sánchez”, dixo. “Agora é o momento de decidir e de comprometerse, e isto non é unha cousa só de partidos políticos, é cousa dos cidadáns, que están chamados a cambiar este país o 20D se queren, e do contrario, a pasar polos resultados de non querer cambialo. A política é a única arma para cambiar as cousas”.

Gómez Besteiro, que falou tras as palabras dos cabezas de lista de Ourense, Rocío de Frutos e Luis García Mañá, destacou que “é un verdadeiro honor defender as siglas do partido socialista” e comparou a “pulsión de cambio” actual coa ilusión do ano 82. “Cambiamos España”, lembrou, “as grandes obras de transformación deste país en democracia, as grandes liberdades, teñen o nome e o selo” do partido socialista. “A de Rajoy, Feijóo e Baltar e a realidade que queremos superar, que queremos deixar atrás”, asegurou.

O secretario xeral definiu o PSdeG como un partido “absolutamente reformista” fronte “ao inmobilismo malintencionado” do PP e “fronte aos que din que hai que rachar con todo”, dixo. “Os cidadáns deben confiarlle o cambio de goberno a unha opción realmente responsable. Asumimos esa responsabilidade ao longo da historia e volveremos asumila”, afirmou, porque “hai un risco evidente de que a xeración futura viva peor que a dos seus pais”.

“A miña preocupación son básicamente os meus fillos. Que teñan un traballo e poidan desenvolver o seu proxecto persoal, querendo ter unha familia ou sen querer tela, sendo libres para decidir, tendo a súa propia caña para pescar. Non fai falla darlles o peixe, senón darlles igualdade de oportunidades, que todos sexamos quen de saír da mesma liña”, afirmou Besteiro.

Asimesmo, destacou que no problema de Cataluña o partido socialista “está a responder como un partido de goberno, está onde ten que estar, mentres no seu día o PP non se puxo do lado de España, púxose do lado dos intereses partidistas”. “Queremos reformar este país e afrontar unha reforma constitucional, pero desde o diálogo e desde a unión”, dixo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar