Besteiro: "O binomio Feijóo-Rajoy foi letal nas políticas sociais, que son o eixe central para os socialistas nos concellos donde gobernamos"

Besteiro: "O binomio Feijóo-Rajoy foi letal nas políticas sociais, que son o eixe central para os socialistas nos concellos donde gobernamos"

Besteiro: "O binomio Feijóo-Rajoy foi letal nas políticas sociais, que son o eixe central para os socialistas nos concellos donde gobernamos"

17377268806_b91420b03e_zO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou hoxe en Pontevedra que “o binomio Feijóo-Rajoy foi letal nas políticas sociais, que son o eixe central para os socialistas nos concellos nos que gobernamos”.

O líder dos socialistas galegos, xunto ao candidato á alcaldía de Pontevedra, Agustín Fernández, visitou hoxe as instalación de Cogami. “Os orzamentos en políticas sociais baixaron en 4.000 millóns de euros co PP, un 23% dos fogares están en risco de exclusión social e 7.000 dependentes morreron en Galicia desde 2012 sen recibir a axuda que tiñan recoñecida”, afirmou Besteiro.

“Temos que recordalle ao PP que poden aplicarse clásulas sociais desde as administracións para apoiar ás persoas con discapacidade, as políticas sociais teñen que aumentar e reforzarse en tempos de crise como sempre fixemos os socialistas”, asegurou.

O secretario xeral do PSdeG apuntou que “a recuperación do emprego, as políticas sociais, o control das contas públicas, a transparencia e o bo goberno serán os eixes dos alcaldes socialistas, como xa pasa nas administracións donde gobernamos”.

“Hoxe pola noite empeza unha campaña que afrontamos con optimismo, unha campaña limpa e centrada nos problemas dos cidadáns, queremos cidades e vilas con máis ilusión e con máis futuro”, rematou.

Pola súa parte, o candidato Agustín Fernández engadiu que “a defensa dunha política social baseada nos dereitos das persoas e non na beneficiencia será fundamental para nós, en Pontevedra temos ademáis un grave problema de paro con 8.000 desempregados”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar