Besteiro lamenta que Rajoy e Feijóo "volvan iniciar o curso pechados cos seus nun castelo", nunha "perfecta metáfora do que son as súas políticas"

Besteiro lamenta que Rajoy e Feijóo "volvan iniciar o curso pechados cos seus nun castelo", nunha "perfecta metáfora do que son as súas políticas"

Besteiro lamenta que Rajoy e Feijóo "volvan iniciar o curso pechados cos seus nun castelo", nunha "perfecta metáfora do que son as súas políticas"

O secretario xeral do PSdeG censura que Rajoy considere “unha moda” falar do mal que están as cousas. “Non podo crer tal irresponsabilidade no máximo responsable do Goberno”

Santiago, 31 de agosto de 2014. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, lamenta que para escenificar o comezo do novo curso político o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e o da Xunta, Alberto Núñez Feijóo “volvan facelo pechados en si mesmos, cos seus, nun castelo”, no que interpreta como “unha perfecta metáfora do que son as súas políticas, herméticas aos problemas da xente e ao que sucede na rúa”.

O socialista apunta asimesmo ao “incomprensible e insensible camiño” que está a tomar a dereita en Galicia e en España, xa que “ante unha situación económica e social insostible para moitas familias, anuncien que o tema estrela do seu inicio de curso e o maior esforzo que teñen previsto facer, coa mobilización de todos os seus recursos, é para cambiar as regras de xogo das eleccións a toda présa e sen consenso”. Besteiro amosa a súa preocupación por “estar sen gobernos en Galicia e en España, xa que tanto Rajoy como Feijóo actúan só como presidentes do PP, e non das persoas”.

O líder dos socialistas galegos lamenta tamén a frase pronunciada por Rajoy en Soutomaior de que “agora está de moda” falar “do mal que están as cousas”. “Paréceme unha saída de ton e non podo crer tal irresponsabilidade no máximo responsable do Goberno”, afirma. Asimesmo, confesa ter “unha sensación de deja vù” cos discursos de Feijóo e Rajoy. “Nin un só anuncio esperanzador, nin unha soa medida nova, só a mesma homilia dominical por pantalla de plasma do ano anterior: este non foi posible, pero o ano que vén si que o faremos”, apunta. Besteiro lamenta que “volve a constatarse que o PP está baleiro, e que Rajoy e Feijóo son hoxe monicreques dispostos a acatar o que diga Merkel a cambio duns postos para os seus”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar