Besteiro lamenta que o PP “converta a xustiza nun produto de luxo en vez dun servizo público” e considera “inxusta e ineficaz” a eliminación dos partidos xudiciais

Besteiro lamenta que o PP “converta a xustiza nun produto de luxo en vez dun servizo público” e considera “inxusta e ineficaz” a eliminación dos partidos xudiciais

Besteiro lamenta que o PP “converta a xustiza nun produto de luxo en vez dun servizo público” e considera “inxusta e ineficaz” a eliminación dos partidos xudiciais

“Imos a un control da Xustiza polo Executivo e a unha maior dificultade da cidadanía no acceso a este servizo público, o que supón un ataque ao Estado de Dereito”, asegura o líder do PSdeG

Para o secretario xeral dos socialistas galegos, “o Partido Popular encareceu a Xustiza coas taxas e agora afasta os tribunais dos cidadáns”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou hoxe en Santiago que o Partido Popular “convirta a Xustiza nun produto de luxo en vez dun servizo público”, á marxe de considerar “inxusta e ineficaz” a eliminación dos partidos xudiciais proposta polo ministro Alberto Ruíz Gallardón.

“Non pretendo ser alarmista, pero coas últimas decisións do PP imos a un maior control da Xustiza polo Executivo e unha maior dificultade da cidadanía no acceso a este servizo público esencial, o que supón un ataque frontal e encuberto á Cláusula do Estado Social e Democrático de Dereito”, asegurou Besteiro na inauguración da xornada Por unha xustiza accesible para todas as persoas, organizada polo Grupo Parlamentario Socialista.

O líder dos socialistas galegos repasou as últimas medidas do PP en materia de Xustiza, como a Lei de Taxas, a modificación do Órgano de Goberno do Poder Xudicial, a modificación da Xustiza Universal e, agora, a proposta de modificación substancial da Lei Orgánica do Poder Xudicial e o anuncio da nova Lei de Demarcación e Planta.

“Todas estas reformas teñen, dende o meu punto de vista, un triste común denominador: pregoando ser os garantes da Constitución e das medidas para salvar a Patria, o que fan e cambiar o modelo cara un Estado máis frío e alonxado da xente normal”, afirmou o secretario xeral do PSdeG.

Con respecto á nova estrutura xudicial, que si sae adiante suporá a eliminación de 41 dos 45 partidos xudiciais existentes en Galicia, Besteiro advirte das súas consecuencias: “Se o alonxamento dos servizos é sempre un problema, neste caso é aínda máis grave e en provincias como Lugo ou Ourense case toda a poboación deberá desprazarse á capital para acceder a este servizo esencial, algo profundamente inxusto e inconcibible”.

“Esperemos que, entre todos, poidamos formar opinión e propostas concretas para o tema, sempre tendo presente que necesitamos unha Xustiza independente, respectada como Poder do Estado e dotada dos medios necesarios para que alcance a súa necesaria eficiencia como servizo público de primeira orde social; esta, e non outra, será a postura que os socialistas galegos defenderemos con todo o que somos”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar