Besteiro lamenta que Núñez Feijóo “vaia a Andalucía a deixar quedar mal aos galegos” en vez de estar no cumio polo cambio demográfico de Aragón

Besteiro lamenta que Núñez Feijóo “vaia a Andalucía a deixar quedar mal aos galegos” en vez de estar no cumio polo cambio demográfico de Aragón

Besteiro lamenta que Núñez Feijóo “vaia a Andalucía a deixar quedar mal aos galegos” en vez de estar no cumio polo cambio demográfico de Aragón

“Os cidadáns andaluces votan de forma consciente e saben o que votan”, asegura o líder dos socialistas galegos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou hoxe que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “vaia a Andalucía a deixar quedar mal aos galegos”, en vez de asistir ao cumio polo cambio demográfico celebrado onte en Zaragoza, coa presencia de seis comunidades autónomas e baixo a presidencia de Luisa Fernanda Rudí, titular do Executivo aragonés.

“Xa o dixen onte na Executiva do PSdeG, síntome avergoñado polas declaracións do presidente da Xunta, que en vez de estar loitando por un problema como o demográfico, fixo o que non cómpre facer, que é deixar quedar mal aos galegos, foron palabras impropias dun presidente da Xunta e dun galego”, manifestou Besteiro.

Alberto Núñez Feijóo afirmou onte en Sevilla que “a transición democrática pecharase en España cando o PP goberne en Andalucía”. Mentres, seis autonomías, Aragón, Asturias, Estremadura, Galicia, Castela-A Mancha e Castela e León, aprobaban en Zaragoza unha Declaración Institucional polo Cambio Demográfico, na que solicitaron ao Goberno unha revisión do sistema de financiamento autonómico.

“Levamos trinta anos de democracia e os cidadáns en Andalucía saben o que votan, votan de forma consciente, as declaracións do presidente da Xunta están fóra dun comportamento democrático e demostran que non entende nada, espero que lle pida desculpas aos andaluces”, engade Gómez Besteiro.

A presidenta da Xunta de Andalucía, Susana Díaz, apuntou onte pola noite nas redes sociais que “nunca irei a Galicia a insultar á democracia nin á vontade do pobo galego manifestada libremente nas urnas”, unha declaración que contou co respaldo inmediato de Besteiro, que mantivo ademais unha conversación telefónica coa titular do Executivo andaluz.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar