Besteiro lamenta "que Feijóo traslade aos cidadáns o problema da AP-9", cando foi o PP quen privatizou a autoestrada en 2003

Besteiro lamenta "que Feijóo traslade aos cidadáns o problema da AP-9", cando foi o PP quen privatizou a autoestrada en 2003

Besteiro lamenta "que Feijóo traslade aos cidadáns o problema da AP-9", cando foi o PP quen privatizou a autoestrada en 2003

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou en Santiago que “o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, traslade aos cidadáns o problema da AP-9”, unha infraestrutura que foi privatizada polo PP no ano 2003.
“É a forma na que Feijóo fai as cousas ultimamente, balóns fóra e trasladar aos cidadáns o problema coas autoestradas, que recorran aos tribunais e paguen as taxas xudiciais para queixarse”, manifestou o líder dos socialistas a preguntas dos medios de comunicación antes dun acto no Valedor do Pobo.
“O Goberno de Aznar privatizou a infraestrutura no ano 2003, cando Feijóo xa tiña responsabilidades en Galicia na Consellería de Infraestruturas, e o PP dixo que formaba parte dun proceso de liberalización que beneficiaría a competencia e reduciría os prezos”, afirmou Besteiro, que engadiu que “é evidente que o presidente da Xunta non resolve os problemas”.
“Once anos despois, temos unhas autoestradas máis caras e onde ademais os cidadáns teñen que esperar ou baixar do seu vehículo e pagar nunha máquina, froito tamén dunha política da empresa de reducir custes; Feijóo ten que plantexar que ese servizo público debe ser máis público e exercer as súas competencias falando con Fomento, pero non o fai”, argumentou o secretario xeral do PSdeG.
Por outra parte, Besteiro lembrou que “os cidadáns galegos pagarán tamén este verán os carburantes máis caros, xunto aos de Baleares, cando Feijóo dixo hai un ano que interviría ante as petroleiras”. “Non fixo nada e o único que lle di aos cidadáns e que vaian a un xulgado se consideran que a situación non é xusta”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar