Besteiro lamenta que “Feijóo non aprenda dos seus erros e siga sen involucrarse e liderar a crise do sector lácteo galego”

Besteiro lamenta que “Feijóo non aprenda dos seus erros e siga sen involucrarse e liderar a crise do sector lácteo galego”

Besteiro lamenta que “Feijóo non aprenda dos seus erros e siga sen involucrarse e liderar a crise do sector lácteo galego”

FOTO 1 LÁCTEOO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou hoxe en Lugo que “Núñez Feijóo non aprenda dos seus erros e siga sen involucrarse e liderar a profunda crise do sector lácteo galego”.

O líder do PSdeG encabezou a delegación socialista na manifestación en defensa do lácteo galego e, en declaracións aos medios de comunicación, manifestou que “este sector é unha parte moi importante na economía da provincia de Lugo e do conxunto de Galicia”.

“O sector está mobilizado na loita polo seu futuro, sufrindo a ameaza continua do peche explotacións e nunha crise profunda mentres o goberno da Xunta e o ministerio non aportan solucions; noutros países toman medidas estruturais, aquí so hai desidia”, afirmou.

Besteiro aseverou que “a Xunta fallou nas súas previsións, dixeron que non habería problemas coa saída das cotas e a realidade é moi diferente, pero non lle preocupa nin lle ocupa”.

“En Lugo tiñamos un proxecto serio de vinte cooperativas para crear valor engadido e a alternativa de Feijóo, Alimentos Lácteos, foi un fiasco”, dixo o secretario xeral do PSdeG, que rexeita “as pequenas axudas que non serven para arranxar o problema”.

“O chamado goberno da xestión non xestiona, cando ademáis temos a loita contra despoboamento e a necesidade de mellorar a ocupación do territorio, na que os gandeiros son fundamentais, non falamos só dun tema industrial”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar