Besteiro lamenta que Feijóo actuara “de presidente yeyé e hooligan” con Beatriz Sestayo e lembra que “nunca é tarde para pedir perdón”

Besteiro lamenta que Feijóo actuara “de presidente yeyé e hooligan” con Beatriz Sestayo e lembra que “nunca é tarde para pedir perdón”

Besteiro lamenta que Feijóo actuara “de presidente yeyé e hooligan” con Beatriz Sestayo e lembra que “nunca é tarde para pedir perdón”

“Co reparto de cotas para o sector de cerco, vimos de novo que Galicia non ten forza en Madrid”, afirma o secretario xeral do PSdeG

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou hoxe que Alberto Núñez Feijóo actuara “de presidente yeyé e hooligan” con Beatriz Sestayo, ademais de lembrarlle que “nunca é tarde para pedir perdón”.

Preguntado pola decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de desestimar o recurso impulsado por un guardia de seguridade do Parlamento, Besteiro manifestou que “ao final vai ter razón o alcalde de Muras, o presidente da Xunta actúa como un yeyé e dunha forma frívola”.

“Cando un equivócase, debe pedir desculpas e debe pedir perdón, non podemos consentir unha forma de facer política máis propia dun hooligan que do presidente da Xunta de Galicia; era unha denuncia sen fundamento e sen soporte de veracidade, polo que o presidente da Xunta debe pedir perdón”, afirmou o líder dos socialistas galegos.

Con respecto ao sector do cerco, Besteiro dixo que “onte, antes de sentarse a negociar, recibían a bofetada do BOE, Galicia terá moita menos cota que outras comunidades autónomas, pero aproveitan a debilidade dos traballadores, que teñen necesidade de comer, de vivir e de saír a pescar”.

“Nas próximas negociacións, o PP atopará un sector máis forte, pero queda claro que Núñez Feijóo e a Xunta non teñen forza en Madrid, non son quen de defender os intereses de Galicia”, manifestou.

Con respecto á actuación da Policía nas rúas de Santiago, Besteiro lembrou que foi “una carga improcedente, que amosa a sensibilidade política do PP nas cuestións de seguridade”, á marxe de engadir que os socialistas solicitaron a comparecencia do ministro do Interior e do director da Policía, así como a petición de explicacións por parte do presidente da Xunta e o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar