Besteiro lamenta que a Xunta “volva a cebarse cos máis débiles” ao desmantelar o Servizo de Transporte Adaptado 065 e obrigar a un repago aos usuarios

Besteiro lamenta que a Xunta “volva a cebarse cos máis débiles” ao desmantelar o Servizo de Transporte Adaptado 065 e obrigar a un repago aos usuarios

Besteiro lamenta que a Xunta “volva a cebarse cos máis débiles” ao desmantelar o Servizo de Transporte Adaptado 065 e obrigar a un repago aos usuarios

Os socialistas consideran que “a eliminación deste servizo público condena ao illamento a milleiros de persoas dependentes ou con algunha discapacidade”

O secretario xeral dos socialistas critica que Feijóo “cumpra o seu quinto aniversario na Xunta cun taxazo no recibo do lixo, cun aumento do 34% que terán que pagar os cidadáns”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou hoxe que a Xunta de Galicia “volva a cebarse cos máis débiles” ao desmantelar o servizo público de transporte adaptado 065 e obrigar aos usuarios a facer frente a un repago.

“O Goberno de Feijóo reduciu a frota de autobuses de 112 a 44, prescinde de sesenta traballadores e deixa fóra do servizo aos centros de día, que deberán xestionar pola súa conta o transporte”, afirma o líder dos socialistas, que visitou está mañá os postos da Festa do Queixo de Arzúa.

As asociacións e centros de día onde reciben terapia as persoas dependentes ou con algunha discapacidade recibirán da Xunta só oito euros por usuario cun tope de dez traslados ao mes, que en realidade son cinco pois un traxecto de ida e volta conta como dous. Esta cantidade, moi por debaixo da necesaria, deberá ser complementada cunha aportación por cada usuario.

“A dereita lamina dereitos históricos e conquistas sociais como a Lei de Dependencia, ademais de condenar ao illamento ás persoas do rural e ás que non teñan capacidade económica para facer frente a un repago inxusto”, afirma Besteiro. Decenas de asociacións xa manifestaron as dificultades que terán para manter o servizo por cuestións como a dispersión xeográfica.

“É inadmisible que un Goberno ataque sistematicamente aos colectivos máis desfavorecidos”, engadiu Gómez Besteiro, que lembrou que os socialistas xa presentaron varias iniciativas no Parlamento de Galicia para pedir que a Xunta non privatice o servizo e presentará mocións en todos os concellos galegos contra a supresión do 065.

A preguntas dos medios de comunicación, o secretario xeral dos socialistas referiuse tamén ao novo canon do lixo, “cun aumento do recibo do 34%, o que demostra que a Xunta non sabe que facer con Sogama e en vez de xestionar, dille aos cidadáns que paguen máis”.

Con respecto á situación no Concello de Santiago, Besteiro manifestou que “será o PP o que decida o que ten que facer, a postura do PSdeG e moi clara neste tema, apartando das súas responsabilidades aos políticos con medidas cautelares abertas e a aquelos que teñan que enfrentarse a un xuízo oral”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar