Besteiro lamenta que “a estabilidade que prometeu o PP para Ferrol converteuse nun caos” e garante que o PSdeG “traballará para que a cidade volva ser o que foi”

Besteiro lamenta que “a estabilidade que prometeu o PP para Ferrol converteuse nun caos” e garante que o PSdeG “traballará para que a cidade volva ser o que foi”

Besteiro lamenta que “a estabilidade que prometeu o PP para Ferrol converteuse nun caos” e garante que o PSdeG “traballará para que a cidade volva ser o que foi”

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Ferrol que “a estabilidade que o Partido Popular prometeu para esta cidade hai catro anos converteuse nun caos, unha regresión e unha volta atrás, cunha taxa de paro inasumible para un goberno”.

O líder dos socialistas galegos visitou Ferrol xunto a candidata á alcaldía, Beatriz Sestayo. “A maioría absoluta do PP non supuxo nin futuro nin progreso, o PSdeG traballará para que a cidade volva ser o que foi, unha zona próspera, industrial e comercial”, afirmou Besteiro.

“Traballaremos para que o cambio se produza, hai outra forma de gobernar e os socialistas temos en Ferrol a ilusión e o proxecto dunha moi boa candidatura, con persoas dispostas a traballar 24 horas porque os cidadáns queren un cambio”, manifestou o secretario xeral do PSdeG.

“A soidade do PP é tal que agora mesmo é incapaz de facer un proxecto que sume, que de resposta ás demandas da cidadanía, por iso estamos convencidos de que o 24 de maio cambiarán as cousas, os socialistas gobernaremos atendendo os problemas reais”, engadiu.

Pola súa parte, Beatriz Sestayo garantiu que a candidatura socialista “sentará as bases dun goberno de portas abertas, que non se agochará, mirando sempre á cidadanía; os socialistas temos moitas ganas de recuperar Ferrol, de plantar ilusión nunha cidade esmorecida”.

“Nin sequera son quen de ter unha candidatura, Rey Varela é o candidato de ultima hora, da apariencia e de perder o tempo, despois de catro anos de austeridade agora despilfarran os cartos dos cidadáns con obras que non serven”, apuntou a candidata á alcaldía socialista.
“Feijóo non foi capaz de vir en catro anos, volve só en campaña electoral e dixo hai uns días no pregón de Semana Santa que esta cidade sabe sufrir como ninguén, unhas declaracións desafortunadas que reflicten o que pensa, pero que teña claro que Ferrol non se rende, se rebelará en maio ante esta política do PP”, rematou Sestayo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar