Besteiro lamenta “as promesas incumpridas do goberno de Feijóo para o sector naval de Ferrolterra” e lembra que cos socialistas había carga de traballo nos estaleiros

“José Blanco foi o ministro que máis inversión trouxo para Galicia”, asegura o secretario xeral do PSdeG

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “que cumpra as promesas que fixo para o sector naval de Ferrolterra, ata o de agora incumpridas”.

“Quen goberna ten que dar resposta e non só para o sector naval, xa que é necesaria unha reindustrialización da comarca de Ferrol, pero o dique flotante e a carga de traballo que prometeu Feijóo non chegan”, asegurou o líder dos socialistas.

En opinión de Besteiro, “estamos a falar dun sector que pode volver a ser punteiro, co Goberno de Zapatero había carga de traballo pero o PP non é quen de cumprir as súas promesas”. “As políticas de austeridade lévannos ao empobrecemento de cidades como Ferrol”, apuntou.

O sector naval de Ferrol perdeu 4.000 empregos nos últimos catro anos e os socialistas consideran que o PP afoga a economía da comarca, “que sigue agardando por todo o que se comprometeu a facer Feijóo”, engadiu Besteiro.

En relación a José Blanco, o secretario xeral dos socialistas galegos manifestou que “foi o ministro que máis inversión trouxo a Galicia e a verdade xudicial sobre o tráxico accidente do tren chegará, estou seguro; o que teño claro é que si hoxe falamos de alta velocidade en Galicia, foi polas inversións do ministro Blanco en Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar