Besteiro lamenta a perda de dereitos das mulleres "coa política regresiva do PP" e confía nunha Europa socialista para acadar "unha recuperación con igualdade"

Besteiro lamenta a perda de dereitos das mulleres "coa política regresiva do PP" e confía nunha Europa socialista para acadar "unha recuperación con igualdade"

Besteiro lamenta a perda de dereitos das mulleres "coa política regresiva do PP" e confía nunha Europa socialista para acadar "unha recuperación con igualdade"

“Nos dous anos da reforma laboral do Partido Popular, o incremento do paro nas mulleres galegas de 16 a 24 anos multiplica por cuatro ao dos homes”, asegura o secretario xeral do PSdeG

“Coa lei do aborto, a dereita sitúa á muller como menor de idade, cunha tutela humillante de segundas e terceiras persoas”, sostén José Blanco

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou hoxe en Santiago a perda de dereitos das mulleres “coa política regresiva do Partido Popular” e confiou nun cambio o 25 de maio, “co obxectivo de vivir nunha Europa socialista e acadar unha recuperación con igualdade”.
Besteiro inaugurou a xornada A muller na Europa dos recortes, organizada polos socialistas galegos en Santiago. “Estamos falando dun problema grave para o progreso dun país e o vemos reflictido en Galicia, onde nos dous anos da reforma laboral do PP o incremento do paro nas mulleres de 16 a 24 anos multiplica por cuatro ao dos homes”, manifestou.
Os socialistas denuncian que a Xunta presidida por Alberto Núñez Feijóo reduciu os orzamentos para igualdade, promoción e protección da muller sistematicamente dende 2009. “Xunto a isto, o Goberno do PP anuncia unha reforma da Lei do aborto que condea á clandestinidade a máis de 100.000 mulleres en España cada ano”, afirmou o líder do PSdeG.
“A reforma do aborto é regresiva e ideolóxica, o PP quere levarnos a un lugar onde a gran mayoría dos cidadáns e das mulleres non queren estar e supón un menoscabo para os dereitos da muller a decidir sobre a súa maternidade”, engadiu Besteiro.
Na súa intervención, o secretario xeral do PSdeG advertiu que “por primeira vez en 40 anos descende en España a tasa de actividade das mulleres, un dato moi importante si temos en conta que as mulleres deste país fixeron durante décadas un gran esforzo para formarse e situarse no mercado de traballo”.
En opinión de Besteiro, “os gobernos socialistas deron grandes pasos para equiparar en dereitos a homes e mulleres, por iso non imos deixar de defender e reivindicar a igualdade para as mulleres, porque son o auténtico motor de transformación do século XXI”.
“Os socialistas galegos animamos aos cidadáns a que nas eleccións do 25 de maio voten e decidan entre a Europa conservadora e regresiva da dereita ou a Europa moderna dos socialistas, que defenden os dereitos das mulleres; falamos moito da recuperación económica, pero ten que chegar con igualdade”, rematou.

“Máis liberdade, menos ideoloxía”

Pola súa parte, o candidato do PSdeG nas eleccións europeas, José Blanco, referiuse tamén na súa intervención á Lei do aborto, “coa que a dereita sitúa á muller como menor de idade, cunha tutela humillante de segundas e terceiras persoas”.
Blanco fixo unha chamada á mobilización o próximo 25 de maio para recuperar a senda da igualdade de dereitos e oportunidades. “Máis liberdade e menos ideoloxía”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar