Besteiro garante "unha alianza dos socialistas de toda España para potenciar o sector naval", deixando atrás "catro anos de mentiras e falsas promesas"

Besteiro garante "unha alianza dos socialistas de toda España para potenciar o sector naval", deixando atrás "catro anos de mentiras e falsas promesas"

Besteiro garante "unha alianza dos socialistas de toda España para potenciar o sector naval", deixando atrás "catro anos de mentiras e falsas promesas"

besteiroO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Ferrol que “os socialistas de toda España temos o compromiso de formar unha gran alianza para potenciar o sector naval”, deixando atrás “catro anos de mentiras e falsas promesas”.

O líder dos socialistas galegos, xunto á candidata á alcaldía de Ferrol, Beatriz Sestayo, mantivo hoxe unha reunión de traballo co comité de empresa de Navantia. “Despois de catro anos de maioría absoluta do PP, a vida cambiou para peor nesta cidade, non houbo liderazgo en temas estratéxicos como o naval”, manifestou Besteiro.

“Os concellos teñen que liderar os proxectos de cidade e o traballo no naval foi deficitario nos últimos anos, os dirixentes do Partido Popular foron incapaces de converter en realidade as promesas de carga de traballo, que é mínima, non hai unha aposta decidida polos asteleiros públicos”, lamentou.

En opinión do secretario xeral do PSdeG, “Navantia ten que ser un motor económico para Ferrol e para Galicia, os socialistas somos a alternativa real de goberno e as cousas cambiarán a partir do 24 de maio”.

“A xestión negativa da dirección dos asteleiros públicos, nomeada por políticos do PP, só provocou anuncios e promesas, pero a cidadanía xa non cre, está decepcionada”, afirmou Besteiro, que confirmou a participación dos socialistas na mobilización en defensa do sector naval de Ferrol.

“Todo o PSOE está sensibilizado co sector naval, que será importante no noso programa electoral para impulsar a reindustrialización dunha comarca como a de Ferrol”, asegurou.

Pola súa parte, Beatriz Sestayo confirmou a presenza socialista na mobilización do 10 de maio para defender un sector naval “que é estratéxico pero está completamente abandonado e castigado polo PP”, que lembrou que gobernou en Ferrol, na Deputación de A Coruña, na Xunta de Galicia e no Estado, e que polo tanto “non ten escusas para desmantelar o naval”.

Fronte a falta de resposta e os anuncios de remolcadores ou quimiqueiros feitos pola Xunta e o PP que nunca se cumpliron, Sestayo amosou o seu “compromiso absoluto” coas demandas dos traballadores do naval para que dende o concello, co futuro goberno socialista, “Ferrol lidere as esixencias de carga de traballo dende o minuto un, non hai tempo que perder e Ferrol terá un goberno decidido en apostar por este sector estratéxico”.

“Traballamos tamén para desmontar as mentiras do PP, Feijóo dicía no Parlamento que en Ferrol se constrúen remolcadores, ese é o desprezo do PP e da dereita ós traballadores e a Ferrol, o invitamos a que se atreva a vir ós asteleiros a dicilo”, remarcou Sestayo.

O compromiso do Partido Socialista de Ferrol coa defensa do sector naval queda patente xa na confección da lista electoral, na que o número 2 é o empresario do sector naval Felipe Sas, e na elaboración dun programa que incluirá a constitución dunha Axencia Local e de Industria que posibilitará a defensa do naval na comarca.

Na reunión de hoxe participaron os representantes dos Comités de Empresa de Navantia Ferrol e Fene, que demandaron o apoio á mobilización comarcal convocada polos traballadores como unha “nova expression multitudinaria da cidadanía en defense do traballo”, segundo puntualizou Ignacio Naveiras, portavoz do Comité en Ferrol.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar